No marco do proxecto de autoemprego Emprégate II, o día 7 de abril de 10:00 a 13:30 impártese o taller “Maduración de Ideas Emprendedoras” aos promotores dos proxectos seleccionados no programa.
Nesta iniciativa, o Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo conta coa colaboración desinteresada da consultora Q Asesores, que se une así a “Empresas con Corazón” un programa no que participan empresas que colaboran con Cáritas.
Está prevista a impartición dun segundo taller no mes de xuño sobre Formas Xurídicas e Trámites de Inicio e Posta en Marcha.
O 16 de marzo Cáritas Lugo xa organizara unha xornada sobre autoemprego. Daquela contárase coa participación de Ana Mª López Suárez técnica da Asociación Empresarias de Lugo co seu relatorio ESPERTANDO O ESPÍRITO EMPRENDEDOR. Ademais, á xornada acudiron 4 emprendedores que contaron a experiencia coas súas empresas: CONFETTI, ALOUMIÑA, ARRANXOS e EL ARREGLADOR.