Actos de Xoves Santo na Diocese

Algúns dos actos do Xoves Santo son os seguintes:

Sarria

Adoración Nocturna na igrexa de Santa Mariña, aberta ao público toda a noite desde as 20 h. Ás 21 h, na igrexa de Nosa Señora do Rosario celebrarase a Hora Santa, e ás 10.30 horas é a Procesión do Silencio, desde o Convento até Santa Mariña, coa imaxe de Xesús Cativo da Mercé.

Lalín ás 23 h Adoración Nocturna e Hora Santa a medianoite.

Lugo

  • 18h – Misa da Cea do Señor, preside o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco

  • 19.30h Procesión da Última Cea. (Desde hai 50 anos está vixente o privilexio de trasladar procesionalmente a Sagrada Forma polas rúas da cidade).

  • 21:30 Vixilia xeral da Adoración Nocturna na Catedral.

  • 13:30h Procesión do Cristo Resucitado.

Silleda (Santa Baia) ás 19h Cea do Señor e ás 22h Hora Santa.

Santuario O Corpiño Celebración da Misa da Cea do Señor, ás 6 da tarde.

Cúmprense 60 anos da primeira procesión da Virxe da Esperanza

Confraría Virxe da Esperanza

A primeira procesión da Virxe da Esperanza saíu o 30 de marzo de 1953. O luns 25 de marzo de 2013 sae a procesión da igrexa da Nova ás 20:30.

Na actualidade hai uns 600 confrades (desde 1986 tamén mulleres) e na procesión do Luns Santo adoitan asistir entre 200/250. No Círculo das Artes faise unha parada para ler unha oración, que cada ano se encarga a unha persoa voluntaria.

No ano 2005 encargouse o paso da Oración de Xesús no Horto ao imaxineiro zamorano, Ricardo Flecha. A imaxe de Xesús está durante o ano no altar da Igrexa da Nosa Señora das Fontiñas. Este ano restaurouse o retablo que ocupa a Virxe no templo da Nova.

Actualmente a Virxe introdúcese na igrexa aos acordes da marcha “Virxe da Esperanza”, composta por un músico da banda do Terzo Norte.

Presentación da Semana Santa da cidade de Lugo

Presentación Semana Santa

O día 11 de marzo tivo lugar no Bispado a presentación da Semana Santa da cidade de Lugo. O primeiro en intervir foi o coordenador da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta, que comezou sinalando que nunca se incluíran tantos actos. Por primeira vez celébrase un ciclo de charlas de formación e información para confrades e todos cantos queiran asistir. A primeira será o 21 de marzo.

A representante da Deputación, Regina Polín, referiuse ao cartel anunciador da Semana Santa, obra de Eduardo Ochoa, e dixo que a luz presente no cartel non quede nun símbolo senón que nos guíe a todos, para que, unidos, consigamos un mundo mellor.

Na súa intervención, a concelleira Carme Basadre dixo que a Semana Santa lucense é un valor que debemos transmitir. Invitou a asistir a todas as procesións, das que destacou dúas: a do Bo Xesús e a da Esperanza, polo que transmite a imaxe da Virxe.

Pechou o acto de presentación da Semana Santa o señor Bispo, Alfonso Carrasco. Lembrou que as confrarías teñen un carácter penitencial, o cal transmite aos seus membros a necesidade de cambio, de que necesitan outra luz no corazón. Nese sentido son unha testemuña, e fan decatarse ao resto dos membros da sociedade, que esta debe renovarse. 

[PROGRAMA en .PDF DA SEMANA SANTA EN WWW.SEMANASANTADELUGO.COM]

A %d blogueros les gusta esto: