O xoves 28 de xaneiro celebrouse a Festa de San Tomé de Aquino 2016 no Seminario Diocesano, Instituto Teolóxico Lucense e Extensións de Lugo do ISCRSD e do IITD.
A Capela Maior acolleu a Eucaristía presidida polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo de Lugo, Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco. A continuación, na Aula Magna tivo lugar o acto académico no Ano Xubilar da Misericordia, consistente nunha conferencia titulada “La naturaleza del perdón divino” de D. Adolfo Rodríguez Iglesias, sacerdote diocesano de Astorga, Profesor de Teoloxía e Director-Delegado do ISCRSD de Astorga.
Os actos están abertos ao público en xeral.