O colexio María Auxiliadora de Lugo participa nunha campaña chamada DOMISAL. É unha iniciativa que une a todos os colexios de Salesianas de España e Portugal para dar a coñecer un proxecto das Fillas de María Auxiliadora en países en vías de desenvolvemento e recadar fondos para o mesmo.
Este ano o obxectivo é o sur da India: na localidade de Kanakakunnu mellórase a vida de 150 familias con cursos de capacitación en agricultura e compostaxe, repartindo sementes e axudándolles na construción e reparación de tanques e pozos.
Iniciativas:
– Na portaría do colexio María Auxiliadora, hai huchas nas que se poden deixar achegas económicas.
– Que sabes sobre India? Do 12 ao 20 de abril, está en marcha un pasatempo para descubrir India. Entre os alumnos participantes, sortéanse algúns exemplares do conto O soño de Pragasi editado pola ONGd Madreselva. Os participantes achegarán a cantidade simbólica de 30 céntimos.
– Mercadiño. Do 18 ao 21, nos recreos e o venres 22, na entrada de Mariña Española.
– Diariamente, nos Bos Días dáse a coñecer a realidade de Kanakakunnu e apréndese a valorar a auga e as plantas.
Gústame esto:
Gústame Cargando...