Xornada pola Vida

Na solemnidade da Anunciación do Señor, o 25 de marzo, tamén se celebra a Xornada pola Vida

Este ano o lema é «O amor coida a vida». E os bispos da Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida (Conferencia Episcopal Española) fan pública unha nota que, entre outras cousas, di o seguinte:

Temos que esmerarnos especialmente «cos pequenos», é dicir, os máis necesitados por ter unha vida máis vulnerable, débil ou marxinada. Aqueles que están por nacer e necesitan todo da nai xestante, aqueles que nacen en situacións de máxima debilidade, xa sexa por enfermidade ou por abandono, aqueles que teñen condicións de vida indignas e miserables, aqueles afectados de amarga soidade, que é unha auténtica enfermidade da nosa sociedade, os anciáns aos que se lles despreza como inútiles, aos enfermos terminais ou en estado de demencia ou inconsciencia, aos que experimentan unha dor que parece insufrible, aos angustiados e sen futuro aparente. A Igrexa está chamada a acompañalos na súa situación para que chegue até eles o coidado debido que brota da chamada a amar de Cristo.”

[Materiais da Xornada]

Todas as nais “teñen anxo”

Hai moitas situacións de sufrimento na nosa vida. Con todo, non hai nada máis desgarrador que uns pais que ven morrer ao seu fillo. Imaxinade, entón, que dor pode xerar que a perda dese fillo sexa porque a propia nai abórtao. Por máis que nos digan que non pasa nada, ela queda rota, irremediablemente, para sempre, a non ser que apareza alguén que queira ser o seu anxo…

Con todas as nosas debilidades, algunhas persoas decidimos deixar que Xesús se achegue a través de nós a mulleres que están ao límite, e a piques de abortar, para ofrecerlles un fogar novo onde non se lles condena e atopan unha saída.

Pero imos ao comezo de todo isto. No ano 2012, Monseñor Reig Pla promove e aproba Spei Mater, asociación pública de fieis da Igrexa Católica. Desde entón tratamos de ofrecer a misericordia do Señor a través de 3 proxectos:

logo_raquel

No Proxecto Raquel, acompañamos a mulleres e homes que sofren as consecuencias dun aborto. Probablemente escoitastes debates sobre se existe ou non a chamada “síndrome post-aborto”

Podo asegurarvos, sen dúbida, que non só é real senón que, ademais, é devastador. A boa noticia é que Xesucristo ten todo o poder para sanar e restaurar unha vida completamente, e é o que Spei Mater ofrece a quen se achegan buscando a paz.

No Proxecto Anxo, ofrecemos axuda material, psicolóxica e espiritual ás mulleres embarazadas con dificultades, en exclusión social, ou en soidade ante un embarazo imprevisto. A expresión dos seus rostros e o modo en que din grazas cando logramos alcanzar o seu corazón e salvalas a elas e aos seus fillos da morte líbrame dos meus prexuízos e indiferenzas, axúdame a acoller a misericordia de Deus, que eu non teño de xeito natural. Non podemos forzar, nin xulgar, nin pedir explicacións. Non somos mellores que as mulleres e os homes que veñen a nós buscando, en principio, pañais e un berce. Si temos que ser sinceros, pero non crueis. Temos que presentar a verdade, esperar a verdade e axudar en verdade, a que nos guía na misericordia. Non sempre logramos rescatar a eses pequenos da morte, nin ás súas nais do horror do aborto, non todo depende de nós, pero non podemos deixar de intentalo.

logo_parroquias pola vida

Finalmente, desde Parroquias pola Vida, queremos espertar a conciencia das comunidades cristiás en defensa da vida sempre e sen condicións, mediante a formación e a oración. A misericordia de Xesús apréciase dun modo moi fermoso cando vén dun pequeno grupo de persoas que viven unha comuñón, unha familiaridade que non se atopa no mundo fácilmente.

Con todo isto, que pretendo dicirche? Sencillamente que, mentres les estas liñas, hai mulleres, e as súas familias, que esperan unha palabra e unha solución de esperanza á súa escuridade e a súa dor, que ti fas falta. Hai moitos xeitos nos que podes colaborar, coa túa oración, co teu apoio económico, coa túa presenza… sabendo que “calquera cousa que fagades a un destes, a min facédesmo” (Mt.25, 40)

Ti tamén podes ser un anxo! Estamos agardándote.

Os días 8 e 9 de abril hai un Curso de capacitación do Proxecto Anxo

Rosa Cruz, responsable Spei Mater Lugo

Curso de capacitación para axudar a mulleres embarazadas en dificultade

cartel proxecto anxo WORDPRESS

CANDO: 8 e 9 de Abril 2016

ONDE: Casa Diocesana de Exercicios de Lugo

HORARIO: venres de 17.00 a 20.30; sábado de 10:00 a 20:00

CONTIDO DO CURSO:

Tarde do venres

1. O proxecto Anxo como vocación e como ministerio eclesial

2. Espiritualidade do proxecto Anxo

3. Que é ser provida

4. O Evanxeo da Vida

Sabado

Mañá

1. Figuras e funcións de Anxo

2. Ferramentas para as funcións

3. Rescatador. Que dicir e que non dicir

Eucaristía

Tarde

4. Anxo : Comunicación

5. Facilitador : xestionar e saber dicir que non

6. Reflexións e consellos de implantación

Relatores de SPEI MATER España: María José Mansilla, presidenta e Jesús Chavarría, director espiritual.

– Matrícula: 15 €. Comida solta: 10 € (imprescindible reservar)

– É posible organizar aloxamento. Consultar.

  • Máis información en alabanza@hotmail.es, ou no teléf. 689873948

25 de marzo, Xornada pola vida

Cartel Xornada pola vida

Os bispos da Subcomisión Familia e Vida da Conferencia Episcopal publicaron unha Nota, co título “Polos nenos; polos pais; polos avós: si á vida”, na que se incide na idea esperanzadora do lema do cartel. “Para España, para Europa e para o mundo -comezan dicindo- a apertura moralmente responsable á vida é unha riqueza social e económica. Grandes nacións puideron saír da miseria grazas tamén ao gran número e á capacidade dos seus habitantes”.

Na difícil conxuntura que atravesamos cómpre axudar económica e socialmente ás familias, pero non abonda. É imprescindible un “cambio de mentalidade e de vida que permita gañar a propia liberdade para doarse ao outro: doarse á esposa ou ao esposo, doarse aos fillos, doarse aos anciáns, doarse ao que sofre”.

A Nota conclúe chamando a recuperar “a grandeza do don e sentido da maternidade” e lembrando que “non é progresista pretender resolver os problemas eliminando unha vida humana”.

[Ver Nota completa]

III Semana pola Vida en Lugo

Entre os días 19 e 21 de marzo, Lugo celebra a III Semana pola Vida, organizada pola Plataforma Si á Vida.

O programa contempla 3 conferencias no salón de actos Nova Galicia Banco (Pza. de Santa María, Lugo), ás 20:00 horas:

Día 19, o escritor José Manuel Belmonte Seco: “Con vida, cualquier reto”

Día 20, o psicólogo Martiño Rodríguez: “Síndrome post-aborto”

Día 21, o doutor en Ciencias Biolóxicas Nicolás Jouve de La Barreda: ‘Mitos e falsidades sobre o aborto’.

A %d blogueros les gusta esto: