Peregrinación xuvenil ao santuario do Faro

Copia de Peregrinacion Faro 2014

Os primeiros participantes veranse o venres 30 de maio ás 7 da tarde en Chantada, alí presentaranse e despois de cear irán a un concerto que está preparado por Pascua Xove; ao terminar vaise ao pavillón de deportes que será o aloxamento.

Ao día seguinte, sábado, tras o almorzo; haberá exposición dun tema (sentido da vida)e reunión por grupos; despois irase en bus até o lugar onde se comeza a camiñar cara ao Faro; alí haberá música, diversión, oración, confesións e ao finalizar a xornada a Misa presidida polo bispo Don Alfonso Carrasco Rouco.

[Máis información]

Últimas prazas na peregrinación a Barcelona, Torreciudad e Zaragoza

SagradaFamiliaOk

En Barcelona coñecerase a obra de Gaudí, por ex. a Sagrada Familia. Tamén se verá o barrio gótico, a Vila olímpica, a abadía de Montserrat e un día haberá un traslado a Torreciudad (Huesca). Volverase a Barcelona para ir ao Parc Güell, A Pedrera, as cavas de Sant Sadumi D’anoia. No camiño de volta a Lugo, párase en Zaragoza para ir á basílica do Pilar e ver o centro da cidade.

Trátase dunha peregrinación sobre a familia que organiza a parroquia de Santiago A Nova (Lugo) entre os días 30 de abril e 4 de maio. Calquera persoa interesada só ten que dirixirse á parroquia. O prezo é de 350 euros, 413 en habitación individual.

Peregrinacións e viaxes desde a Diocese de Lugo

Na última semana de abril, os maiores de Samos pasarán uns días na costa de Castellón. E xa son 25 anos de vacacións-convivencia.

Con motivo DA canonización de Xoán Paulo II e Xoán XXIII hai varias opcións para ir a Roma: coa Delegación da Mocidade, con COPE.

As parroquias lucenses da Milagrosa, Santiago A Nova e San Antonio de Padua organizan en abril e maio peregrinacións e viaxes ao Tirol, Barcelona e Fátima, respectivamente.

A Hospitalidade Diocesana de Lourdes, a partir do 30 de xuño fai a súa 28ª peregrinación ao santuario francés

A Pastoral da Saúde ten programada unha viaxe a Irlanda o 8 de xullo.

E os grupos bíblicos lucense e compostelán irán a Terra Santa o 18 de xullo.

[Máis información]

Peregrinación xuvenil a Fátima

Fatima2014_galego

As 5 Delegacións de Pastoral de Mocidade de Galicia traballan nunha fermosa comuñón realizando varias actividades ao longo do ano, como a Peregrinación ao Monte Faro. E agora a Peregrinación de Mozos a Fátima a partir do día 28. De Galicia van 84 mozos (25 da Diocese lucense). Os rapaces crearán vínculos de amizade e participarán en distintos tipos de actividades: charlas, reunións por grupos, momentos de oración, Misa, veladas (momentos de baile e risas), visita das casas dos pastorciños, os lugares das aparicións, o Viacrucis, o Rosario de fachos e sobre todo a gran vixilia de oración na Capeliña. 

Concluíu a peregrinación a Fátima da Hospitalidade de Lourdes

Misa Internacional Fátima 2013

A Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes organizou, desde o pasado venres día 13 de setembro ao luns día 16 de setembro de 2013, a Terceira Peregrinación Diocesana de Lugo a Fátima (Portugal), na que participaron un total de 110 peregrinos acompañados de 2 sacerdotes. Os peregrinos participantes son: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade diocesana.

No Santuario de Fátima houbo distintas celebracións: Misa na Capelinha das aparicións presidida por Lugo, Procesión dos fachos, Víacrucis, Misa Internacional (na foto). Ademais, os peregrinos participantes visitaron Lisboa, Belén, Estoril, Cascais, Sintra, Bathala (Santa María da Vitoria), Alcobaza, Nazaré, Coimbra, todo o conxunto de Bon Jesú e o gran santuario de Sameiro, lugar onde se tivo un Acto Mariano.

A %d blogueros les gusta esto: