Peregrinación diocesana de Lugo a Lourdes

Cartel peregrinacion Lourdes 2015_1

Do 29 de xuño ao 3 de xullo terá lugar a peregrinación Diocesana de Lugo a Lourdes co lema Lourdes: a alegría da misión. Máis de 600 peregrinos saen en autobuses de Lugo, Silleda-Lalín, Chantada, Escairón, Monforte, Poboa de Brollón, Sarria, Rábade, Viveiro, Terra Cha, Meira, A Fonsagrada e Monterroso.

Encabeza a peregrinación o Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

Entre outros, haberá os seguintes actos en Lourdes: Misa de presentación; Vía Crucis no Monte; Eucaristía Internacional na Gruta; Procesións; excursións ás famosas Covas de Lourdes, aos Pireneos; festa de convivencia; Eucaristía de despedida.

Todos os participantes na peregrinación son socios da Hospitalidade, polo menos durante o ano 2015, ata a asemblea do 2016.

Peregrinación xuvenil ao santuario do Faro

Peregrinacion ao Faro

O venres día 26 ás 19 h mozos de toda Galicia concéntranse no pavillón Municipal de Chantada, para despois trasladarse á Parroquia onde haberá un concerto – oración. Ao terminar vaise durmir ao pavillón.

O sábado día 27 iníciase co almorzo, logo haberá exposición dun tema e seguidamente unha reunión por grupos. Ao terminar, xunto aos que se suman ese mesmo día, comézase a peregrinación. Ao chegar ao Faro haberá música, oración e para terminar a Eucaristía que presidirá o bispo Mons. Alfonso Carrasco.

Quen vaian o venres deberán levar: saco de durmir, cea do venres, almorzo e comida do sábado e roupa cómoda.

Quen non poidan asistir o venres, poderán incorporarse o sábado pola mañá na explanada que hai na estrada de Chantada a Rodeiro e deberán levar: comida do sábado e roupa cómoda.

Peregrinacións parroquiais a Italia e Ávila

A parroquia de San Clodio organiza unha peregrinación a Ávila do 30 de abril ao 4 de maio. O 1 de maio visítase Madrid, o día 2 os lugares nos que se estará son Ávila e Alba de Tormes e o día 3 os fregueses de San Clodio aproveitan a viaxe de regreso para coñecer Toro.

A parroquia Santiago A Nova organiza unha peregrinación a Italia desde o 30 de abril ao 5 de maio. Ademais de Roma, tamén se estará en Pisa, Milán e Turín.

Esta última parroquia de Santiago A Nova organiza conxuntamente coa de Quiroga o Campamento Parroquial Campanova, para mozos e mozas a partir dos 10 anos. Será entre o 28 de xuño e o 5 de xullo de 2015 no Acampamento Courel (Esperante-Courel -Lugo-).

A %d blogueros les gusta esto: