Presencia do bispo de Lugo en Roma na cerimonia de canonización da beata Madre María Purísima de la Cruz

image
Monseñor Alfonso Carrasco, obispo de Lugo e o rector do Seminario, David Varela, en Roma, para participar na cerimonia de canonización da beata Madre María Purísima de la Cruz, sexta “madre general” do instituto fundado por Santa Ángela en Sevilla en 1876.

Celebración do Corpus na Praza de Santa María

Misa de Corpus en Lugo

Procesión del Corpus DSC_0489 (532x800) Misa de Corpus na Praza de Santa María
 Fieis de todas as parroquias de Lugo asistiron o domingo, 2 de xuño, ás 11 h na praza de Santa María, á Eucaristía da Solemnidade do Corpus, presidida polo Bispo da Diocese.

Na súa homilía, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, lembrou que a “festividade de Corpus celébrase de extremo a extremo da terra e, en Lugo, vívese de forma especial pola permanente presenza do Santísimo na nosa Catedral, expresión da fe deste pobo á Eucaristía”.

“Mirando ao Santísimo -continuou o Bispo de Lugo- coñecemos cal é o Deus verdadeiro. Xesús home que deu o seu corpo e sangue por nós é o noso Deus”. Terminou a súa homilía facendo mención á celebración do Día da Caridade: “A lei do Señor é unha lei de caridade, de dar e darse; isto úrxenos aos cristiáns a atender ao que temos á beira e non despedilo cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha”.

Despois da celebración, todos os movementos, asociacións, confrarías, representantes das parroquias e representantes de colectivos doutros países con presenza na nosa Diocese, participaron na procesión de Corpus: o Santísimo, na carroza que o porta, percorreu as rúas do centro da cidade.

Coincidindo con esta celebración, as parroquias do arciprestado de Lugo peregrinaron á Catedral, como xa fixeran doutros lugares da Diocese. Todos os fieis recibiron un exemplar do libro-guía En_clave de fe (unha visita á catedral seguindo o credo).

Eucaristía de acción de grazas e de intercesión polo novo Pontífice

Misa en la Catedral por el nuevo PapaA Catedral de Lugo acolleu o xoves, 14 de marzo, ás 20h. a celebración dunha Eucaristía de acción de grazas e de intercesión polo novo Pontífice. Estivo presidida polo bispo. Mons. Alfonso Carrasco Rouco, e concelebrada polo Deán e canónigos da Seo lucense e outros sacerdotes diocesanos. Durante a homilía, o Bispo de Lugo dixo que “ninguén esperaba a aquel a quen o noso Señor enviou como Papa, como sucesor de Pedro. Era un dos posibles candidatos, era cardeal, pero os cálculos humanos non o puxeran no centro de atención”. A continuación Mons. Alfonso Carrasco explicou as consecuencias que podemos extraer disto: “Deus pensa doutra maneira. Podemos ver polo tanto que o Señor coida do seu pobo. E a mesma sorpresa, a novidade que todos sentimos ante a presenza dun novo sucesor de Pedro fálanos diso. Damos pasos, como dixo o Papa, a Igrexa camiña. O Señor guía os nosos destinos e por iso queremos dar grazas. É unha certeza profunda que calma o corazón do home”.

A %d blogueros les gusta esto: