O Camiño do Corpiño, reinaugurado este ano, ten unha lonxitude de 19 quilómetros, é de dificultade media e faise en cinco horas. Parte do Pazo de Liñares e acaba no santuario do Corpiño. Os 19 quilómetros pódense partir en dous co centro en Madriñán.
Hai un selo de Facendo camiño por Lalín, que se pode timbrar en diferentes lugares ao seu paso. Un folleto informativo da ruta garda un espazo para os selos a levar a cabo polo menos ao principio, no medio e ao final do percorrido. Os folletos están dispoñibles na Oficina de Turismo, o Concello e Liñares.
Os peregrinos que xa camiñaban até o santuario poden seguir este itinerario máis protexidos do tráfico. Hai dúas pequenas variantes, para pasar pola capela das Mercedes en Anzo e evitar un pequeno tramo en costa para ir polo medio das casas.
Están colocadas 16 sinais noutras tantas igrexas do municipio con paneis informativos. Tres delas están nesta ruta do Corpiño. Ademais das tres igrexas -románicas- hai castros, produtos excelentes e como paraxe de interese os dous quilómetros pola carballeira de Agrazán.