Clausura da Novena da Graza

O sábado 12 de marzo, clausúrase a Novena da Graza cunha Eucaristía ás 19 h presidida polo Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco. A continuación terá lugar a procesión dos fachos coas reliquias de San Francisco Xavier.

Este ano é especial pois cúmprense 60 anos da Novena da Graza en Lugo. O 4 de marzo de 1962 comezaba unha Novena que foi predicada polos sacerdotes da cidade, ademais de Francisco Díaz Prieto e Dositeo Vilariño. Como aínda non estaba construído o actual templo, os actos era non percheiro da Compañía de María (actual María Auxiliadora). Esta primeira Novena tamén fora clausurada o día 12 polo bispo Mons. Antonio Ona de Echave.

Ademais dos 60 anos da Novena, tamén se lembra que hai 400 anos foi canonizado San Francisco Xavier.

Novena da Graza

Na Parroquia San Francisco Xavier, Lugo, celébrase a Novena da Graza entre os días 4 e 12 de marzo, predicada polo misioneiro xaveriano Ivanildo de Sousa Quaresma.

Este ano dáse a circunstancia de que tamén se celebran os 400 anos da canonización de San Francisco Xavier e os 60 anos de existencia da Parroquia lucense.

Os horarios da Novena son os seguintes:

– durante a semana: 12 h e 7 h

– domingo: 10 h; 12,30 h e 7 h

Martes 8, unción de enfermos ás 4, 30 h

Xoves 10, celebración comunitaria do perdón ás 7, 30 h

Sábado 12, procesión dos fachos ao terminar a misa de 7 h

Novena da Graza en San Francisco Xavier

Do 4 ao 12 de marzo a Parroquia de San Francisco Xavier (Lugo) acolle a Novena da Graza. Debido á actual situación sanitaria, non se celebrarán o Rosario da Aurora nin a procesión de fachos.

De luns a sábado celébrase Eucaristía e Novena ás 12 da mañá e ás 7 da tarde; o domingo o horario é o seguinte: 10 h, 11:30 h, 12:30 h e 19 h.

Novena da Graza

Na Parroquia San Francisco Xavier (Lugo) a Novena da Graza desenvolverase do 4 ao 12 de marzo e o padre predicador será o misioneiro xaveriano P. Robertus Kardi, natural de Indonesia.

Horarios da Novena

Mañá: 7,30 h rosario e procesión; 8 e 12 Novena e Eucaristía

Tarde: 6 h rosario. 6, 30 e 8 Novena e Eucaristía

Domingo: 10; 11: 30; 12: 30 e 18: 30 h

Actos especiais

+ Venres día 6: UNCIÓN DE ENFERMOS ás 4,30 h da tarde

+ Sábado día 7: DEDICADO Á VIRXE, procesión de Fachos despois da Eucaristía das 8 da tarde.

+ Domingo día 8: procesión desde o Barrio de Montirón ás 9,30 h da mañá;

+ Mércores día 11: celebración comunitaria do perdón, ás 7 h da tarde.

+ Xoves día 12: clausura da Novena. Darase a VENERAR A RELIQUIA do santo nas eucaristías.

Novena da Graza na Parroquia San Francisco Xavier

A Parroquia San Francisco Xavier, na cidade de Lugo, celebra a Novena da Graza ata 12 de marzo

HORARIOS DA NOVENA:

Mañá: 7, 30 h rosario e procesión  8 e 12h Novena e Eucaristía

Tarde: 18 h rosario 18, 30h e 20h Novena e Eucaristía

Domingo: 10; 11: 30; 12: 30 e 18: 30

ACTOS ESPECIAIS:

Día 7 UNCIÓN DE ENFERMOS ás 4, 30 da tarde

Día 9 ADICADO Á VIRXE, procesión de Fachos despois da Eucaristía das 20h.

Día 10 procesión desde o Barrio de Montirón ás 9, 30 da mañá.

Día 11 CELEBRACIÓN COMUNITARIA DO PERDÓN ás 7.

Día 12 darase a VENERAR A RELIQUIA do santo nas eucaristías.

Padre predicador: Rvdo. Héctor Peña, misioneiro comboniano.

Confesións en todos os actos.

A %d blogueros les gusta esto: