Concertos de Nadal

Na igrexa de Santiago a Nova o sábado, día 23, trala Misa das 20 h. o Orfeón Lucense agradece o afecto recibido ao longo do ano, cada vez que cantan. Con esta actuación agárdase que revivan en todos os corazóns as cancións de sempre xunto a pezas novas, e tamén algunha de José Castiñeira, o fundador, que non se volveu cantar en décadas e que agora volve brillar, coma un tesouro.

Tamén interveñen o Coro de Nenos da Parroquia de Santiago a Nova, Nacho Samena ao piano e Aquilino Jacob á guitarra.

Para o día 22 de decembro está programado un Festival de Nadal na igrexa de Vilar, Ribas de Miño, O Páramo, do que quedará constancia nunha montaxe audiovisual. Como a que xa se elaborou sobre a preparación do belén que hai na mencionada igrexa. Este nacemento pode visitarse o día 22 a partir das 16:30h

Bo Nadal!

 

É unha gran sorte a que temos os cristiáns ao saber o que vale de verdade e quen é o fundamento de todo: Xesucristo, o Deus feito home para que nós podamos participar da súa divinidade. Non hai nada máis grande que isto, aínda que en momentos de debilidade fagámonos ilusións coa lotaría.

Todo o demais pasará e acabarase, aínda que nos toque unha morea de millóns de euros na lotaría. E se non se acaban os euros, o que si é seguro é que nós acabarémonos. Falta fai que Deus nos recolla cando se acaben os nosos días.

Vivimos no mundo e non podemos permanecer alleos ás cousas do mundo. Pero os cristiáns podemos mirar todas estas realidades mundanas ou sociais co prisma da fe. Todo se verá distinto e gañaremos en felicidade.

O misterio da encarnación do Fillo de Deus está por riba do que vou cear en Noiteboa, ou de se vou estar só ou acompañado, e tamén por riba do que teñamos vivido ou sufrido durante este ano.

O 24 á noite e os días seguintes celebramos que somos fillos queridos dun Deus que se achegou a nós para dárnolo todo. Así que, con máis ou menos alegría exterior, coa nosa pobreza como os pastores, coas nosas riquezas como os magos, acerquémonos ao portal de Belén para estar co Neno Xesús. Feliz Nadal.

Miguel Ángel Álvarez

Imaxe: Autor do texto

Tomado de falandobaixino.es

Cea de Noiteboa no Corpiño

Neste ano Santo Mariano, no medio de tantos preparativos para a Coroación da Benaventurada Virxe María do Corpiño, non esquecen a ninguén, e moito menos en Noiteboa, que resulta ás veces triste por mor da soidade ou ben por falta de recursos. Por iso prepárase unha cea solidaria o día 24 ás 20:00 h. na casa reitoral para todas aquelas persoas que non teñen con quen pasar un día tan significativo. A idea é que este ano sexa o punto de partida para que todos poidan gozar da calor da compañía, que logren gozar e valorar o que de verdade celebramos.

Para apuntarse á cea hai de prazo ata o día 21 no correo electrónico santuario@ocorpino.es ou ben na sancristía.

Actos de Nadal na terceira fin de semana de decembro

Festivais

Na Parroquia San Francisco Xavier hai un festival solidario o día 16 ás 17h a favor das persoas que atende Cáritas. Nesta semana hai recollida de alimentos

Parroquia de San Antonio de Padua (Lugo)

Día 15. Cea benéfica ás 20´30h.

Días 15 e 16. Recollida de alimentos no supermercado da rúa Ramón Cabanillas.

Parroquia do Sagrado Corazón (Lugo)

Recollida de alimentos ata a semana vindeira en supermercados de Montero Ríos e Rafael de Vega

Parroquia de San Lourenzo de Albeiros

Merenda solidaria o día 16 ás 19:30h

Parroquia A Milagrosa

Cea benéfica o día 15 ás 20:30h

Parroquia de San Xosé das Gándaras

Actuación de maxia e sorteo de cesta de Nadal o día 17 ás 13h

Cáritas interparroquial de Silleda

Doce Nadal os días 15, 16 e 17 de decembro. Mercado de produtos caseiros e artesáns

Cáritas interparroquial de Melide

Captación de fondos en empresas e reparto de bolsa de alimentos

Cáritas interparroquial de Monforte

Cea solidaria o día 16 de decembro

Belén vivente o día 18 no Colexio PP. Escolapios

Recollida de alimentos en colexios

Cáritas interparroquial de Rábade

Operación Kilo ata o día 15

Pregón en Quiroga

O sábado 16 será o pregón de Nadal en Quiroga a cargo da profesora de Relixión Inmaculada Vázquez Fernández. A actuación musical corre a cargo da pregoeira xunto co seu fillo Gerard.

Concertos

  • O sábado 16 na Parroquia San Francisco Xavier haberá un concerto ás sete da tarde a cargo do Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e ás oito cantará a Misa o Coro de San Antonio.
  • O domingo 17 a Coral do Hospital cantará a Misa das 11.00 h no Centro parroquial de Nosa Señora das Fontiñas. O mesmo día 17, pero ás 12:30h o Orfeón Xoán Montes intervén durante a Misa na igrexa da Milagrosa e a continuación a Coral Xolda dá un concerto.

Festa da Familia Providav

Día 17 a partir das 16:30h na Praza de Santa María, Lugo

Concertos de Nadal

Esta semana chega ao seu fin a serie de concertos de coros de Lugo unidos por una boa causa: a campaña Polifonía Por Quilos, con actuacións en varias parroquias, a cambio de entregar algún tipo de alimento, non perecedeiro, para os máis necesitados.

  • O sábado 16 na Parroquia San Francisco Xavier haberá un concerto ás sete da tarde a cargo do Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e ás oito cantará a Misa o Coro de San Antonio.
  • O domingo 17 a Coral do Hospital cantará a Misa das 11.00 h no Centro parroquial de Nosa Señora das Fontiñas. O mesmo día 17, pero ás 12:30h o Orfeón Xoán Montes intervén durante a Misa na igrexa da Milagrosa e a continuación a Coral Xolda dá un concerto.

Ademais dos concertos programados na acción solidaria “Polifonía por quilos”, hai estoutros:

– Na igrexa da Nova o sábado, día 23, intervirán o Orfeón Lucense e o Coro de nenos da parroquia trala Misa das 20.00 hs.

– No Centro Parroquial das Fontiñas a Coral do Hospital cantará a Misa do xoves, día 28, ás 18.30 hs. A continuación interpretarán algunhas cancións do seu repertorio.

A %d blogueros les gusta esto: