Concerto de “Concentus Lucensis” na Catedral

O mércores 1 de marzo ás 21h na Catedral de Santa María o grupo musical Concentus Lucensis dá un concerto con música de Johannes Brahms…

Concentus Lucensis está integrado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor), Marcos Mosquera e Antón Castro (baixos). Estarán acompañados por Nicolás Varela, ao órgano positivo; Cristina Nogueira, ao violoncelo e Giulio Mercati, nos grandes órganos da Catedral.

No programa do 1 de marzo inclúense sobre todo obras de Johannes Brahms pero tamén de Francisco Guerrero, Tomás Luís de Vitoria, Giovanni Croce, Jacob Handl, entre otros compositores.

Concentus Lucensis é un grupo vocal nacido dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival organístico e do Curso de música litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orpheón Lucense e do Gruppo vocale S. Bernardo, que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte, abordando un repertorio vasto, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.

O Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa na Catedral

O venres 9 de decembro ás 20:30 h actuará na Catedral de Lugo o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixido por Javier Fajardo Pérez-Sindín. O programa chámase ‘Son imprescindibles’, e mostrará parte da música coral galega máis representativa dos últimos 125 anos. Inclúese a Misa solemne na honra ao Apóstolo Santiago composta por Xoán Montes. Na segunda parte do concerto, o coro cantará obras de compositores como Joam Trillo, Margarita Viso ou Fernando Buide.

Celebración de Santa Icía

Con motivo da celebración da patroa da música, Santa Icía, a Diocese e a Catedral organizan unha serie de actos na basílica lucense:

O 22 de novembro ás 20.00 h. na Eucaristía solemne Catedral de Lugo intervirán as seguintes agrupacións musicais: Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coro do Hospital de Lugo, Grupo Vocal Sólo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes, Schola Gregoriana Lucensis

E o mércores 23 de novembro ás 21 h na Capela do Bo Xesús da Catedral terá lugar un concerto no que actuarán Concentus Lucensis, Coro do Hospital, Orfeón Lucense e Solo Voces na parte coral. E na parte instrumental tamén intervirán os organistas Nicolás Varela e Giulio Mercati.

Ciclo de concertos “Viae lucenses”

Baixo o nome “Viae lucenses” desenvólvese un ciclo de concertos en distintos puntos da Diocese de Lugo nos que se combina a interpretación vocal coa interpretación de instrumentos (violín, violonchelo, clarinete, órgano). Esta iniciativa musical preséntaa a Diocese e colaboran a Xunta de Galicia a través de Axencia de Turismo e tamén os Concellos onde se realizan os concertos.

Xoves 21 de xullo 2022, 21.00 h Santuario da Nosa Señora do Corpiño

Lidia Basterretxea Vila, soprano

Joaquín Palomares, violín

Joaquín Páll Palomares, violín

Giulio Mercati, órgano positivo

As obras interpretadas son de Bach, Dietrich Buxtehude, Telemann e Haendel

Xoves 28 de xullo 2022, 21.00 h. Igrexa de San Xoán de Portomarín

A violonchelista Alessandra Montani e o organista Fabio Ciofini presentan obras de Telemann, Johann Adam Reincken, Bach, Vivaldi, Francesco Geminiani

Xoves 4 de agosto 2022, 21.00 h. Igrexa de San Pedro de Melide

Son de corda

Esperanza Iglesias, soprano

Carmen Prendes, contralto

Fernando G. Jácome, tenor

Antón Castro, baixo

Díese Ensemble

Iván Martínez Sabio, clarinete

Marcos Castedo de la Fuente, clarinete

Miguel Ángel Díaz Valdés, clarinete

Diego Bermúdez Gato, clarinete

A música que soará será a de Mozart, Tomás Luis de Victoria, Beethoven, Francisco Guerrero, Angelo Inzenga Rameau, anónimo da Catedral de Lugo (Magnificat, 1760)

Xoves 11 de agosto 2022, 20.00 h. Igrexa de Santa María A Real no Cebreiro

Concentus Lucensis e o organista Giulio Mercati tocarán pezas de Bach, Francisco Guerrero, Tomas Luis de Victoria, Gaetano Valerj e Johann Ludwig Krebs.

Música no Camiño Primitivo

Desde esta semana e ata o 10 de agosto desenvólvese un ciclo de concertos baixo o título “Música no Camiño Primitivo”, concretamente no tramo que pasa polo Concello de Lugo. Esta iniciativa musical preséntana a Diocese e a Alcaldía de Lugo e colabora a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22. O primeiro concerto será o venres 15 de xullo ás 21 h na Capela do Carme.

Actuarán:

  • Solo Voces (dirixido por Fernando Gómez Jácome)
  • Giuseppe Nova, frauta
  • Giulio Mercati, órgano positivo

Interpretarán obras de Händel, Bruckner, Johann Sebastian Bach, Jehan Alain, Jouzas Naujalis, Carl Philipp Emanuel Bach, Xoán Montes e Mozart.

Os outro concertos serán:

Mércores 20 de xullo 2022, 20.30 h

Igrexa Parroquial de San Miguel de Bacurín

Lidia Basterretxea Vila, soprano

Joaquín Palomares, violín

Joaquín Páll Palomares, violín

Giulio Mercati, órgano positivo

Interpretarán pezas de Bach, Dietrich Buxtehude, Telemann e Haendel.

Mércores 27 de xullo 2022, 21.00 h

Igrexa Parroquial de San Vicente do Burgo

Alessandra Montani ao violonchelo e Fabio Ciofini ao órgano positivo interpretarán obras de Telemann, Johann Adam Reincken, Bach, Vivaldi e Francesco Geminiani

Mércores 3 de agosto 2022, 21.00 h

Igrexa Parroquial de San Martiño de Poutomillos

O grupo vocal Son de corda e o cuarteto de clarinetistas Díese Ensemble interpretarán temas de Mozart, Tomás Luis de Victoria, Beethoven, Francisco Guerrero, Angelo Inzenga Rameau, anónimo da Catedral de Lugo (Magnificat, 1760)

Mércores 10 de Agosto 2022, 21.00 h

Lugo – Catedral de Santa María

O organista Roman Perucki e o grupo vocal Concentus Lucensis interpretarán obras de Olivaer Tabulatur, Francisco Guerrero, Daniel Magnus Gronau, Tomas Luis de Victoria, Johann Sebastian Bach, Alexandre Guilmant, Marco Enrico Bossi e Zbigniew Kruczek.

[Programas]

A %d blogueros les gusta esto: