No Día do mundo rural, Cáritas ve necesario poñer no seu lugar ao mundo rural e segue traballando e avanzando coa forza do Deus da Vida e a Esperanza, que coida e empuxa. Cáritas invita a ser instrumentos de Deus seguindo o exemplo de San Cidre, coidando as xentes do mundo rural, para asegurar unha boa colleita.
Pola súa banda, o Movemento Rural Cristián, que celebra este día co lema “Coidado das persoas, coidado dos pobos“, lembra as actitudes que favorecen os coidados: comprensión, amabilidade, tenrura, paciencia, saber escoitar.
E o Movemento Rural Cristián convida a:
- visitar a alguén con necesidade de coidados do tipo que sexa, colaborar coa pastoral da saúde.
- axudar en cuestións burocráticas a persoas que teñan dificultades para realizar estes trámites.
- participar en plataformas relacionadas co mundo dos coidados (defensa da sanidade pública, da natureza…)
- analizar a realidade sobre a necesidade de coidados da localidade, da zona.
- reivindicar á administración as melloras oportunas (eliminación de barreiras arquitectónicas…).