Outubro, mes do rosario (II)

A asociación Hozana convida a unirse ao Desafío de Paulina 2024, unha gran iniciativa de oración que se desenvolve durante outubro, co obxectivo de reunir 50.000 novos devotos que, a través da aplicación Rosario, recen esta oración. O desafío inspírase no legado da Beata Paulina Jaricot, quen en 1862 creou o concepto do “Rosario Vivente”. Esta iniciativa reunía a grupos de persoas para rezar o rosario de maneira colectiva, distribuíndo os misterios entre os participantes, representando así unha cadea de oración ininterrompida e un poderoso vínculo espiritual. Nesa época, o Rosario Vivente foi unha ferramenta importante para revitalizar a fe en Francia e estendeuse rapidamente por todo o mundo, alcanzando millóns de orantes.

As doas do rosario misioneiro enriquecen as decenas con cores, para rezalas por cada continente. Así temos as verdes polo continente africano, as vermellas polo americano, as brancas polo europeo, as azuis por Oceanía e as amarelas por Asia.

Actos na semana do Domund

O luns 14 de outubro na parroquia Santiago A Nova de Lugo tivo lugar o pregón do Domund a cargo de Olga Louzao. Previamente actuou o coro da parroquia San Francisco Javier. Este acto estivo presidido por Mons. Alfonso Carrasco. Ler o pregón e ver imaxes.

 

Vixilias de Oración do Domund

18 de outubro ás 20:00 h. na Parroquia San Pedro de Lugo.

19 de outubro ás 20:00 h. na Parroquia Nosa Señora das Dores de Lalín.

 

Encontro con misioneiros

20 de outubro, día do Domund, a Delegación Diocesana de Misións de Lugo organiza un encontro con misioneiros e misioneiras da Diocese e os seus familiares. Terá lugar na parroquia San Francisco Xavier de Lugo, comezando cunha Eucaristía ás 12:30 h. e seguidamente unha comida no salón parroquial.

Asistentes ao pregón do Domund

Presentación e Memoria de Obras Misionais Pontificias e Delegación Diocesana de Misións de Lugo

Preséntase a Memoria económica do curso 2021-2022. Non son simples números, senón que detrás de cada cifra hai un esforzo e sacrificio de persoas, comunidades, colexios. Desta maneira faise visible na diocese de Lugo o desexo de Paulina Jaricot, fundadora da Obra Pontificia Propagación da Fe, de crear unha rede universal de solidariedade e axuda ás misións.

O ano 2022 está a ser especial para as OMP. Cúmprense 400 anos da fundación da Congregación para a Evanxelización dos Pobos; 200 anos da fundación da Obra Propagación da Fe por parte de Paulina Jaricot, que acaba de ser beatificada en xuño; e 100 anos desde que o Papa Pío XI fixese pontificias as diversas obras misioneiras, de xeito que se crearon as Obras Misionales Pontificias (OMP). Todas estas celebracións axudan a dar un impulso misioneiro á diocese.

A nivel económico, procúrase reducir os gastos o máis posible –contamos coa axuda da diocese para conseguir este obxectivo- e pénsase como aumentar os ingresos. Todo o que se fai é en beneficio da misión. Contamos convosco coas achegas e oracións de todos. En nome de todas as comunidades que van recibir estas achegas, moitísimas grazas.

Pídeselle a san José María Díaz Sanjurjo que axude a renovarnos para que a misión ad gentes siga sendo un dos piares da vida das nosas comunidades.

[Memoria]

Jesús Manuel Santiago Vázquez

Delegado de Misións de Lugo

[Artículo original]

Celebración de centenarios misioneiros na Catedral

O ano 2022 vén repleto de aniversarios importantes para Obras Misionais Pontificias (OMP) e a actividade misioneira da Igrexa

O martes 3 de maio, celébranse os 200 anos da fundación da Obra misioneira Propagación de fe, que dará lugar ao Domund, por Pauline Jaricot; e 100 anos da creación das Obras Misionais Pontificias (OMP). Con tal motivo haberá unha celebración na catedral:

19 h: oración misioneira, lembrando o testemuño de Pauline Jaricot;

19:30 h: rosario misioneiro, creado tamén por Pauline Jaricot;

20 h: Eucaristía presidida polo Bispo

A %d blogueros les gusta esto: