A Congregación de Misioneiras e Cooperadores Segrares do Divino Mestre celebra o 75 Aniversario do seu nacemento.
Por este motivo, a Comunidade de Relixiosas, os Cooperadores Segrares e o Claustro de Profesores do Colexio Divino Mestre de Lugo invita á Eucaristía de Acción de Grazas que se celebrará o vindeiro luns 9 de marzo ás 19:30 h na Parroquia San Antonio de Padua (Lugo)
Recentemente Colexio Divino Maestro de Lugo resultou galardoado co 3° premio de Innovación Educativa convocado polo grupo SM e Escolas Católicas; co que queren recoñecer proxectos pedagóxicos que promovan abordaxes innovadoras que favorezan a aprendizaxe, a integración, o emprendemento.