Mesa redonda sobre a parroquia misioneira

Co título “Construír parroquia misioneira desde a Evangelii Gaudium”, o día 25 de febreiro na parroquia de San Francisco Xavier houbo unha mesa redonda na que interviñeron:

– Conchi Muñoz, Hija de María Auxiliadora, falou do estilo mariano de evanxelización, pola importancia da tenrura.

– Alfredo Losada, Delegado de Apostolado Seglar, quen recalcou que cando o Papa fala da necesidade dunha Igrexa pobre para os pobres, non debemos entender que é unha cuestión doutros, é cousa nosa.

– Ramón Jacobo, párroco de Santa Comba, que invitou a unha conversión pastoral misioneira e a un estado permanente de misión. 

 

Semana de Infancia Misioneira en Lugo

cartel xORNADA INFANCIA MISIONEIRA

Entre os días 20 e 26 de xaneiro sucédense os actos para promover a Infancia Misioneira no Seminario, colexios centros de acollida de nenos e de discapacitados psíquicos. O misioneiro comboniano Antonio Guirao animará a vivir a Infancia Misioneira por diversos puntos da Diocese.

O venres 24 haberá ás 17:30-18:30 un Encontro lúdico-catequético con nenos de todo Lugo na parroquia San Francisco Xavier. Tamén o venres, pero ás 19h celébrase unha Eucaristía e catequese de Comuñón na parroquia de Santa Comba. Á mesma hora do domingo 26 na Catedral haberá a Misa do Día da Infancia Misioneira. Ao longo do día será en diferentes parroquias.

Guión litúrxico

Actos con motivo da celebración do DOMUND

Algúns dos actos programados na Diocese de Lugo son:

  • Día 18 : un misioneiro está co alumnado dos colexios de Sarria. Hai unha Vixilia do Domund en San Antonio, Lugo, ás 20h. E ás 22:30h, adoración na Catedral.

  • Día 19 : ás 10h Eucaristía cos presos de Bonxe e ás 20h vixilia do Domund na parroquia da Régoa (Monforte).

  • Día 20 : estarán presentes misioneiros nas parroquias de San Francisco Xavier (10h), Sagrado Corazón e San Xosé das Gándaras (12h), Bo Pastor (11 e 13 h), Melide (20h).

  • Na parroquia de San Pedro (Lugo) celébrase unha novena (venres e sábado ás 19h; domingo ás 18h) en honra a San Xosé María de Suegos.

Celebración do Día do enfermo misioneiro en Lalín

Con motivo da festividade de Santa Teresita de Lisieux, copatroa das misións xunto a San Francisco Xavier, celébrase o Día do Enfermo Misioneiro o 1 de outubro. Ese día ás 12:30 na Residencia de anciáns de Lalín hai unha Eucaristía á que invita a participar a Delegación Diocesana de Misións.

É unha xornada non só polos misioneiros enfermos, senón tamén para que todos os enfermos, uníndose a Cristo na cruz e a debilidade, se unan tamén á misión da Igrexa.

A %d blogueros les gusta esto: