75 anos da igrexa da Milagrosa

A Parroquia lucense da Milagrosa celebra os 75 anos da igrexa e os 60 anos de vida da Parroquia cos seguintes actos:

  • Día 26 de novembro ás 18 h na igrexa, presentación do traballo “O soño de José Fernández Núñez”.
  • Día 27 de novembro ás 18:30 h Misa solemne presidida polo Bispo da Diocese.

O 23 de febreiro de 1946 iniciábanse as obras do templo e o 31 de outubro de 1961 o Bispo Don Antonio Ona de Echave decretaba a creación da Parroquia da Milagrosa.

Parroquia A Milagrosa, 70 anos de historia viva

celebración A Milagrosa
Momento da celebración dos 70 anos da igrexa da Milagrosa o pasado 14 de maio

 

Con agradecemento camiñamos na fe. Con esta afirmación poderiamos resumir os 70 anos de historia, desde que se colocou a primeira pedra da igrexa da Milagrosa, casa da comunidade cristiá. A súa actividade articúlase en torno a tres polos:

  1. oración – celebración
  2. catequese – evanxelización
  3. caridade – obra social

 Pero é unha casa de portas abertas a grupos e persoas do barrio, e mesmo da cidade que utilizan os seus espazos.

A través da Parroquia de A Milagrosa esténdese e irrádiase o labor da Igrexa Católica, mestra en humanidade. E así a comunidade cristiá axuda a moitas persoas con graves problemas económicos, sociais e afectivo. A comunidade intentou e intenta por o seu grao de area para soster na súa dignidade as persoas vítimas da inxustiza xeneralizada e da crise económica que sofre a xente.

Este edificio, que cumpre 70 anos, é signo visible da Igrexa como comunidade de fe. O labor desta Igrexa faise a través das diversas comunidades cristiás, que traballan non só para vivir e celebrar a súa propia fe, senón tamén en beneficio de toda a sociedade, na procura do ben común e da xustiza. Traballa coa súa propia contribución na esfera ética e moral, coa actividade libre dos propios cristiáns, e con infinidade de tarefas, especialmente sociais e caritativas.

Para esta Igrexa e a comunidade que a sustenta, o ben común nace e está motivado pola esperanza que provén da obra salvadora de Xesucristo. Nestes 70 anos moitas persoas fixeron da Parroquia de A Milagrosa un espazo de portas abertas e colaboraron para que a obra de amor de Deus chegue e axude a tódalas persoas nas distintas situación que se atopen na súa vida. (Texto extraído do folleto publicado para conmemorar os 70 anos de historia).

Aniversario da igrexa parroquial de A Milagrosa (Lugo)

Milagrosa

Hai 70 anos poñíase a primeira pedra da igrexa de A Milagrosa (Lugo). O 23 de febreiro de 1946 o bispo Rafael Balanzá bendixo o lugar e co arquitecto Ruperto Sánchez Núñez colocou a primeira pedra da igrexa da Milagrosa.

Con este motivo hai unha celebración o 14 de maio co seguinte programa:

  • 19 h  Misa de acción de grazas
  • 19:45 h  Rememorando “70 anos de Historia viva”
  • 20:15 h  Actuación de “Antigos Tunos”, procedentes de varios lugares de España.
A %d blogueros les gusta esto: