Bicentenario dos maristas

O xoves 8 de xuño ás 19 h lévase a cabo un acto dentro das celebracións do Bicentenario Marista. Será na Aula Magna do Seminario Diocesano e terá o seguinte esquema:

  • Vídeo Maristas en Lugo

  • Intervención do Superior Provincial de Maristas Compostela, Tomás Briongos: O bicentenario, a Misión Marista, hoxe e o futuro

  • Palabras dun Irmán marista que estivo no colexio.

  • Testemuños de antigo alumno, profesor xubilado, pai de alumno/a e alumno

  • Un representante da Igrexa falará do labor evanxelizador dos maristas en Lugo

  • Peche do acto por parte do director do colexio

A cada asistente entrégase un detalle institucional.

Ao finalizar o acto, hai unha degustación dun viño español no colexio.

O sábado 10 de xuño hai unha Eucaristía na igrexa Santiago A Nova ás 11h

Celebración colexial Fourvière nos Maristas de Lugo

 

Copia de Fourviere O 28 de outubro a partir das 9:40h , con invitación ás familias, terá lugar no Colexio da Inmaculada (Lugo) a celebración colexial Fourvière. É o inicio da celebración do bicentenario da promesa de constituír a Sociedade de María que fixo un grupo de sacerdotes, cheos de ilusión. Foi no Santuario de Fourvière,  (Lyon) ao día seguinte da súa ordenación.

O texto da promesa é o seguinte:

En nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Todo para a maior gloria de Deus, e para a honra de Maria, Nai de noso Señor Xesucristo!

Nós, abaixo asinantes, queremos traballar para a maior gloria de Deus e de Maria, nai de Noso Señor Xesucristo, afirmamos que temos a sincera intención e as firmes ganas de consagrarnos, tan pronto como xurda a oportunidade, á institución da piadosísima Congregación dos Maristas. Velaí porque, polo presente acto, que leva as nosas sinaturas, comprometémonos irrevogablemente, nós e todo o que temos, en canto nos sexa posible, á Sociedade da benaventurada Virxe María.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: