Con motivo de conmemorarse o I Centenario de Marías dos Sagrarios e Discípulos de San Xoán en Lugo, o 2 de marzo ás 19h no Seminario presentouse o libro do poeta Lucrecio Serrano De rodillas Señor ante el Sagrario o Evangelio de Juan. Lucrecio contou como naceu o libro: visitando “Las Edades del Hombre” atopouse cun grupo de monxas que, no medio do movemento propio das exposicións, elas estaban ante unha custodia, adorando ao Santísimo. Cando volveu a Albacete, Lucrecio púxose a escribir ante o sagrario os poemas dos que o central é “Yo soy la resurrección y la vida”, non só polo lugar que ocupa senón tamén por tratar un dos universais humanos, a morte. O poema comeza así: Dime, Señor, que yo he venido / repujado de Ti / a este mundo de orillas y mitades, / que, cuando la palabra / no tenía su traje de palabra, / Tú ponías las voces en mis labios, / que de Ti llevo como estigma cierto / tu huella y mi conciencia,/ que en mí creaste, porque Tú querías, / estas ansias divinas por buscarte.
E seguindo coa celebración do centenario, o 4 de marzo na Catedral ás 18h houbo oración de acción de grazas e ás 19h celebración da Eucaristía, presidida por Indalecio Gómez Varela.
Gústame esto:
Gústame Cargando...