Campaña contra a fame de Mans Unidas Lugo

Anuncio Mans Unidas anv

O venres 7 de febreiro é o Día do Xaxún Voluntario. Ás 19 h no Seminario hai unha Eucaristía e a continuación merenda solidaria no mesmo lugar.

O domingo 9 é a Xornada Nacional de Mans Unidas. A cuestación nas igrexas dese día e do anterior destínase aos proxectos de Mans Unidas Lugo en Sudán do Sur e Guatemala.

O luns 10 de febreiro ás 20h no salón de actos da Fundación Novagalicia Banco, a misioneira en Zimbabwe, Dolores Pérez Carrasquilla dará unha conferencia co título “Un mundo novo, proxecto común”. 

Ver manifesto

Mans Unidas organiza a proxección da película “A fonte das mulleres”

cartel PROYECCION  LA FUENTE DE LAS MUJERES

Dentro do seu programa de sensibilización, Mans Unidas de Lugo proxecta a película “A fonte das mulleres”, o xoves 23 ás 19 horas no salón de actos de Fundación Novagaliciabanco, (pza. de Sta. María, Lugo) con entrada gratuíta.

A película amosa a historia cotiá de moitas mulleres do mundo, que teñen que dedicar bastantes horas do seu día á obtención de auga. Conta de forma moi clara as reinvidicacións das mulleres, deixando paso á esperanza de que as cousas poden cambiar. A película dá que pensar e lembra que con tesón e sacrificio é posible o triunfo dunha causa xusta.

O director tivo a virtude de abordar un tema cun envoltorio fermoso, emotivo, romántico e con golpes de humor.

As protagonistas fan unha folga de amor, non por neglixencia ou rancor, senón por amor. A falta de amor e liberdade afecta por igual a homes e mulleres. Ambos anhelan un porvir sen inxerencias doutros. 

Mans Unidas puxo en marcha un Recanto de Nadal

Mans Unidas recanto natalino

Mans Unidas Lugo organiza desde a primeira semana de decembro e ata o día 22 na rúa Armañá (Lugo) un Recanto de Nadal no que se venden obxectos para recadar fondos destinados a tres proxectos en países empobrecidos.

O horario é o seguinte:

– Luns a venres pola mañá de 10:30 a 13.30 e pola tarde de 16:30 a 20:30.

– Sábados pola mañá

Concentración convocada por Mans Unidas na praza de Santa María de Lugo

cartel 24h que moven o mundo

A Delegación de Mans Unidas de Lugo súmase ao acto que o 21 de novembro terá lugar en todo o planeta baixo o lema “24 horas que moven o mundo”. Ás 18:30 h haberá unha concentración na praza de Santa María, onde se lerá un manifesto e permanecerán velas encendidas como símbolo do que se pretende: indicar que se pode facer luz para que desapareza a escuridade que representa o incumprimento dos dereitos básicos da persoa en tantas partes do mundo. 

Exposición “Soñando un futuro” no multiusos da Xunta en Lugo

Exposición Mans Unidas

O día 4 de xuño ás 13 horas no edificio administrativo da Xunta, Lugo, inaugúrase unha exposición de fotografías sobre a difícil situación que vive parte da infancia no mundo e sobre solucións a ese problema. A exposición, que organiza Mans Unidas, permanecerá aberta durante unha semana. Aínda que Mans Unidas non é unha organización adicada exclusivamente á infancia, si é unha das cuestións polas que se interesa.

 

A %d blogueros les gusta esto: