Propostas de Mans Unidas

Mans Unidas é consciente de que a educación é unha ferramenta necesaria para transformar e mellorar o mundo. Po iso, a organización prepara cada ano os materiais e as accións necesarias para chegar a todos os axentes educativos da sociedade.

Mans Unidas pon a disposición de catequistas, formadores, sacerdotes e familias dunha serie de recursos. Son materiais centrados na Campaña 2025 («Compartir é nosa maior riqueza»). Están dirixidos a todas as idades (nenos, adolescentes, novos e adultos), para unha formación que axude ao compromiso polo desenvolvemento integral e ao cambio de actitudes e estilos de vida, tomando conciencia da responsabilidade nas estruturas de pecado. Trátase de loitar polo ben, a bondade e a beleza.

Manos Unidas propón nesta campaña camiñar cara ao destino universal dos bens, o ben común e unha cultura de comuñón, para alcanzar unha humanidade asentada sobre a “cultura do compartir”.

Na sede de Mans Unidas Lugo teñen o material impreso na web da organización ese mesmo material dixitalizado.

Por outra parte, está en marcha unha nova edición do festival de clipmetraxes. Nesta ocasión trátase de reflexionar sobre a importancia de comprometernos para que todas as persoas teñamos unha vida próspera e avanzar cara a un cambio persoal que nos leve a consumir con responsabilidade, compartindo os recursos para reducir as desigualdades.

Concerto solidario organizado por Mans Unidas

Concerto Mans Unidas banda

O domingo día 17 de maio de 2015, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrouse un Concerto a beneficio dos proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Ghana e India.

Actuaron a Banda Municipal de Lugo (foto superior), dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.

Todo o diñeiro recadado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que se financian este ano por parte de Mans Unidas da diocese de Lugo no terceiro mundo: o primeiro en Ghana consistente na construción dun pavillón cirúrxico, e o segundo en India de mellora da situación sanitaria en 15 pobos co 95% da súa poboación por baixo do limiar da pobreza.

A %d blogueros les gusta esto: