O xoves 21 de setembro tivo lugar a inauguración e bendición da nova sede de Caritas Interparroquial de Sarria, acto que presidiu o Bispo de Lugo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. E tamén interviu a directora de Cáritas Diocesana de Lugo Dª Amparo González Méndez.
A inauguración foi na Parroquia Nosa Señora do Rosario – Rúa Formigueiros 0, 3º. Esta sede consta de catro despachos nos que se ofrecerá asesoramento inicial, asesoramento xurídico, orientación para o emprego, etc. Tamén conta cunha sala de reunións e unha aula de formación.