Reunións formativas organizadas pola Delegación de Apostolado Seglar

O día 10 de xaneiro de 2014, ás 20:30, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abordaranse “Algunhas características significativas da nosa sociedade”, reunión dirixida por Alfredo Losada, Delegado de apostolado seglar.

E o vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2014, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), tratarase o tema “A familia de Nazaret”, dende claves bíblicas, reunión dirixida polo Delegado de Pastoral da Saúde e experto biblista, José Antonio Salgado. Estas reunións están enmarcadas na temática elixida, que durante este curso terá relación co documento “Los católicos en la vida pública”, aprobado pola Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española o 22 de abril de 1.986.

Retiro de Advento organizado pola Delegación de Apostolado Segrar

O Seminario de Lugo acolle o 14 de decembro un retiro de Advento dirixido por Jesús Fernández Aira, párroco de S. Francisco Xavier.

A Delegación de Apostolado Seglar invita especialmente a todos os seglares, cregos e, en xeral, a todas as persoas que queiran deixarse interpelar polo anuncio dunha persoa, Xesucristo, que enche os corazóns e a vida enteira de quen se achega a El.

Para facilitar a asistencia de familias, hai un servizo de atención a nenos, que estarán ben atendidos durante o retiro. Os interesados neste servizo contacto con antelación coa organización, no correo laicos@diocesisdelugo.org.

Horario:

  • 10:00 Oración

  • 10:30 Primeira sesión

  • 11:30 Reflexión

  • 12:00 Segunda sesión

  • 13:00 Eucaristía

  • 14:00 Hora de remate

Décimas Xornadas de Apostolado Segrar

X Xornadas de Apostolado Seglar

En torno ao día de Pentecostés, a Delegación Diocesana de Apostolado Segrar organiza os seguintes actos:

  • Venres 17 de maio ás 20h no Seminario,

    A misioneira laica vicentina Ana López fala sobre a fe, como motor de vida.

  • Sábado 18 ás 20 h na parroquia de San Xosé das Gándaras                                  Vixilia de Pentecostés

  • Domingo 19 ás 13 na Catedral,

    Eucaristía de Pentecostés.

Retiro de Advento para laicos

O sábado 15 ten lugar un retiro de Advento dentro do actual Ano da fe, para todos os laicos da Diocese interesados en participar. Será no Seminario entre as 10 da mañá e as dúas da tarde. E estará impartido polo párroco de San Francisco Xavier, Xesús Fernández Aira, baixo o título “Miramos e contemplamos un rostro. Como orar neste convulso Nadal”

A %d blogueros les gusta esto: