Aniversario da renovación da indulxencia plenaria

O sábado 13 de novembro celébrase o 5º aniversario da renovación do privilexio da Catedral de Lugo de 1860 polo cal se concede Indulxencia Plenaria Cotiá e Perpetua ás persoas que visiten esta Catedral, segundo as condicións habituais.

Na Catedral celebraráse ás 20 h unha Eucaristía solemne como acción de grazas por este privilexio.

En 2016, o bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presentou á Santa Sé a petición de renovar a indulxencia plenaria. A petición foi concedida por Decreto da Penal Apostólica ese mesmo ano.

O único caso no mundo que se coñeza como semellante ao privilexio que ten Lugo é o chamado “Perdón de Asís”. Nesa localidade italiana tamén se pode gañar desde o ano 1968 a indulxencia cada día.

Eucaristía de acción de grazas no IV aniversario da renovación da Indulxencia Plenaria

O venres 13 de novembro celebrouse o 4º aniversario da renovación do privilexio da Catedral de Lugo de 1860 polo cal se concede Indulxencia Plenaria Cotiá e Perpetua ás persoas que visiten esta Catedral, segundo as condicións habituais.

Na Catedral celebrouse unha Eucaristía solemne presidida polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, que na homilía, entre outras ideas, expresou o seguinte sobre a indulxencia:

“A indulxencia é dada, non en calquera sitio, non en calquera tempo, non de calquera xeito, senón como Deus quere, como a Igrexa administra. E a nós pídesenos ese punto de obediencia. Poderías gañar a indulxencia en Lugo? Si, cando vas á Catedral. E por que teño que ir aí? Pois é un xesto de humildade. O Señor di: Eu agárdote, ven aquí. Trátase de facer un pequeno camiño que reflicte a humildade do corazón que quere ir cara a Deus. Se non queres facer ese xesto, será verdade que queres pedir o ben, a salvación, o perdón? Por iso, a indulxencia é como un regalo humilde, posto nesta Catedral na honra ao Santísimo, para todo aquel que sinxelamente teña esa obediencia elemental de dicir: O Señor damo aquí, desta maneira e eu veño. Dito doutro xeito, é como se o Pai dixese: a quen adore ao meu Fillo, a quen o recoñeza, a quen o ame, Eu daríalle todos os bens. E aquí o realiza”.

IV aniversario da renovación da Indulxencia Plenaria Cotiá e Perpetua á Catedral de Lugo

O venres 13 de novembro, celébrase o 4º aniversario da renovación do privilexio da Catedral de Lugo de 1860 polo cal se concede Indulxencia Plenaria Cotiá e Perpetua ás persoas que visitasen esta Catedral, segundo as condicións habituais.

Ás 20 h a catedral acollerá unha Eucaristía solemne presidida polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco

 

Historia da concesión da Indulxencia:

O culto Eucarístico en Lugo e a Exposición permanente do Santísimo Sacramento no Altar Maior da Catedral desde tempo inmemorial están intimamente ligados a concesión, no seu día, da indulxencia plenaria na Catedral lucense.

– En 1860, o Papa Pío XI promulgou a seguinte bula: Indulxencia plenaria todos os meses a todos os fieis que se confesasen, comulgasen e visitasen ao Santísimo Sacramento.

– En 1867, o Bispo Mons. José Ríos Lamadrid, tras unha visita a Pío XI, comunícalle ao cabido da Catedral que o Papa lle concedeu “indulxencia plenaria perpetua a todos os fieis que en calquera día do ano” comulgasen na Catedral coas debidas disposicións.

– En 2016, o bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presentou á Santa Sé a petición de renovar a devandita indulxencia plenaria. A petición foi concedida por Decreto da Penitenciaría Apostólica o 10 de outubro de 2016.

Privilexio excepcional:

O único caso no mundo que se coñeza cun privilexio semellante ao que ten Lugo é o chamado “Perdón de Asís”. Nesa localidade italiana tamén se pode gañar desde o ano 1968 a indulxencia cada día.

Esta característica da Catedral de Lugo é importante non só desde o punto de vista espiritual senón tamén no aspecto cultural.

Como gañar a Indulxencia:

No Decreto da Penitenciaría Apostólica polo cal se renova este privilexio sinálase que os fieis poderán gañar a indulxencia calquera día do ano a condición de que cumpridas as condicións habituais, é dicir, confesión, comuñón e oración polas intencións do Sumo Pontífice, visiten piadosamente o Santísimo Sacramento exposto publicamente para adoralo durante un axeitado espazo de tempo.

[Retransmisión da Eucaristía]

Aniversario de renovación da Indulxencia na Catedral de Lugo

O 13 de novembro na Catedral conmemorouse que había un ano se renovara a concesión da Indulxencia plenaria cotiá e perpetua. O primeiro acto foi un relatorio do Delegado Episcopal de Santuarios e Peregrinacións José Criado, que falou da “Indulxencia, experiencia de reconciliación”. Para explicalo puxo o exemplo dunha persoa a que lle trasplantan un corazón: o novo órgano salva a vida do paciente (o equivalente sería o perdón do pecado no sacramento da reconciliación). Pero trala operación cirúrxica, hai que pasar por un período de observación, coidados… ata chegar á recuperación total. Pois ben, cando a persoa peca hai unha pena temporal pero grazas á indulxencia lógrase a plena purificación. É como se o paciente trasplantado se librase de pasar polo período postoperatorio.

Tras o relatorio, houbo adoración ao Santísimo, e a continuación a Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco. Na súa homilía expresou o seu desexo de que o privilexio da Indulxencia axude aos diocesano e aos visitantes a confiar máis no Señor.

Aniversario da renovación da Indulxencia Plenaria

A Catedral de Lugo acolle o 13 de novembro ás 19h uns actos para conmemorar que hai un ano se renovou a concesión da Indulxencia Plenaria cotiá e perpetua.

  • 19h Relatorio do Delegado Episcopal de Santuarios e Peregrinacións José Criado: “Indulxencia, experiencia de reconciliación”

  • 19:30h Adoración ao Santísimo para gañar a indulxencia

  • 20h Eucaristía solemne presidida polo Bispo D. Alfonso Carrasco

    [Máis información]
A %d blogueros les gusta esto: