A Fratelli tutti chámanos a ser parte activa na rehabilitación de sociedades feridas que pretenden xustificar a indiferenza. Desprenderse dos demais é común hoxe en día, o que fomenta exclusión. Coidemos a fraxilidade de cada home, cada muller, cada neno e cada ancián, con esa actitude solidaria e atenta, a actitude de proximidade do bo samaritano. A proposta de Fratelli Tutti é facernos presentes para aqueles que precisan axuda desde: o sentido social da nosa existencia, a dimensión fraterna da verdadeira espiritualidade, a convicción sobre a innegable dignidade de cada persoa e as profundas motivacións que deberían levarnos a amar e acoller a todos (Cf. Ft 86).
Presentamos o guión para traballo persoal ou en grupo do capítulo segundo da Fratelli Tutti «Un estrano no camiño», e así poder compartir nun encontro en liña que terá lugar o luns 22 de marzo ás 8 na plataforma Zoom. (Para acceder ao guión e ao enlace visitar a web http://daslugo.org/)