Centenario da morte da Madre Encarnación, fundadora das Franciscanas do Rabaño de María

m-encarnacion-1

O pasado domingo a Parroquia de San Antonio de Padua (Lugo) acollía un acto en memoria da Madre Encarnación, fundadora das Irmás Terciarias Franciscanas do Rabaño de María, presentes na devandita Parroquia. A Madre Encarnación foi recentemente declarada venerable e está en proceso de beatificación. Desde este mes de novembro e durante os vindeiros 12 meses ten lugar a celebración do centenario do seu falecemento.

 A presenza da congregación en Lugo foi a primeira fóra das terras andaluzas onde nacera. Nos anos 1930 chegan a Monforte e pouco despois á cidade de Lugo; ademais, estiveron uns anos en Lalín. Coa súa obra social “Si á vida” levan na Parroquia de San Antonio de Padua (Lugo) desde hai trinta anos, acollendo a nais solteiras, vítimas de malos tratos, nenos en situación de abandono.

Madre Encarnación, portadora de misericordia

“Na personalidade –humana e espiritual, a un tempo- de madre Encarnación destacou de xeito singular e extraordinario o matiz da misericordia, desa capacidade de querer ao outro “como é”, de aprezalo na súa individualidade e entregarse tanto máis, canto maiores e máis perentorias sexan as carencias do outro. Estimulada por ese sentimento, e adornada cunha especial sensibilidade para percibir os problemas máis acuciantes da contorna e ofrecerlles unha axuda eficaz, consagrou a súa vida á caridade. Como boa franciscana, madre Encarnación practicou a misericordia cos pobres e desvalidos”, Juan Antonio Vives Aguilella: Con entrañas de madre; biografía de madre Encarnación Carrasco Tenorio, Cádiz, Hermanas Terciarias Franciscanas del Rebaño de María, Curia General, 2011

A %d blogueros les gusta esto: