Xornada Diocesana de Liturxia

Unha das accións que programou para este curso a Delegación de Liturxia é organizar unha Xornada de Formación Litúrxica, que se concreta o mércores 10 de outubro no Seminario, onde se reflexionará sobre como a celebración litúrxica crea unha vida espiritual.

A relatora é a irmá Carolina Blázquez Casado, OSA, priora do Mosteiro da Conversión de Sotillo de la Adrada, Doutora en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e profesora en San Dámaso, no Bienio de Liturxia.

O horario é o seguintes:

  • 10:15 Presentación. Oración

  • 10:30 Relatorio: A liturxia, escola de vida cristiá. Liturxia, espiritualidade e vida cristiá

  • 11:30 Descanso

  • 12:00 Comunicacións varias

  • 12:15 Relatorio: Relacións entre liturxia e piedade popular

  • 13:15 Diálogo coa relatora

  • 16:30 Relatorio: A necesidade dun método litúrxico: recuperar a mistagoxía

  • 17:30 Diálogo

  • 18:00 Fin da xornada

Esta xornada é aberta a sacerdotes, consagrados, ademais de fieis laicos.

Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia

O luns 10 de setembro comezan as Xornadas Sacerdotais de Poio, co seguinte programa:

Luns 10

11 h Acollida

11:30 h Oración inicial

12 h Primeiro relatorio: O Evanxeo da familia: alegría para o mundo, por Mons. Carlos Simón Vázquez

13:15 h Diálogo co relator

14 h Comida

16:30 h Segundo relatorio: A familia, principio pastoral, suxeito activo e responsable da Evanxelización, por Mons. Carlos Simón Vázquez

18 h Descanso

18: 30 h Obradoiros

  • Novo paradigma da iniciación cristiá

Rodríguez Basanta (Vicario Xeral de Mondoñedo-Ferrol).

  • Proxecto Evanxelizando: Mozos evanxelizando a mozos. (Experiencia da Arquidiocese de Santiago. Carolina Buceta e Cristina Cons).

  • Desafíos dunha nova pastoral vocacional (Delegados de pastoral vocacional de Galicia).

20:30 – Vésperas – Eucaristía.

21:30 Cea.

22:30 Cine. Película presentada polo Rvdo. Sr. D. Francisco José Prieto Fernández (Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense).

Martes, 11 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 Almorzo.

10:30 3ª Relatorio: Educación no amor e novas tecnoloxías: Claves do servizo ás novas tecnoloxías, por Mons. Carlos Simón Vázquez.

12:00 Descanso.

12:30 Obradoiros: Repítense os do día anterior.

14:00 – Comida. Descanso.

15:30 Excursión-Convivencia: Itinerario pola Ría de Arousa.

21:30 – Cea.

Mércores, 12 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 Almorzo.

10:30 4ª Relatorio: Educación afectivo sexual para os mozos. Relatores: D. Martiño Rodríguez González e D. José Manuel Domínguez Prieto.

12:00 – Descanso.

12:30 Diálogo cos relatores.

13:30 – Clausura.

14:00 – Comida.

Clausura dos Encontros de Pais

 

Desde o pasado mes de novembro o Centro de Orientación Familiar Diocesano organizou en Lugo e Lalín uns Encontros de Pais. Neles, especialistas do Instituto da Familia de Ourense axudaban a reflexionar sobre a familia e as emocións, a proxectar a vida familiar dun modo intelixente.

En Lalín a conclusión desta primeira edición será o día 19 de abril, mentres que en Lugo concluíron o pasado día 10, e tres persoas que asistiron comentan como foi a experiencia:

Cristina, nai dunha nena, coñeceu os Encontros de Pais a través da catequese fa filla. Cumpríronse as expectativas que tiña pois resultou unha actividade amena, cuns relatores que eran concisos e poñían exemplos claros aplicables á familia que un está creando. Resultou unha boa axuda en como orientarse con respecto aos fillos.

A Natalia, nai dun neno, chegoulle a publicidade dos Encontros e coñecía a outra persoa que tamén estaba interesada en asistir. Entre os temas que lle pareceron máis interesantes está o da xestión dos enfados, de adultos e de nenos, e ver como a escoita é unha maneira de comunicación.

Para José Luis, pai de dous nenos, os fillos non veñen cun manual e hai moito que pensar pero nos Encontros de Pais apréndese paciencia, corrixir evitando o “non” ou “porque o digo eu”.

Xornada de Formación Permanente

Recollendo a invitación do Sr. Bispo na presentación do Plan Pastoral para priorizar a catequese o xoves 28 de decembro celebrouse a Xornada de Formación Permanente no Seminario en sesión de mañá.

O relator foi o delegado de catequese de Santiago D. Miguel López Varela, e tratou o tema: Unha parroquia que evanxeliza, é unha parroquia que inicia.

Catequistas e axentes de pastoral estaban invitados a este encontro que tivo lugar a partir das 11:00 h no Salón de actos do Seminario.

Xornada de Formación de Voluntariado de Cáritas Lugo

Caritas Diocesana de Lugo organiza o 21 de novembro a III Xornada de Formación de Voluntariado, impartida polo profesor do Centro de Humanización da Saúde de Madrid, Roberto Pérez Conejero, e leva por título “A relación de axuda no acompañamento”.

Dará comeza ás 10.30 h, nos locais do Hotel Méndez Núñez, coa presentación a cargo do director de Cáritas Lugo, Ginés F. Plaza Fernández e finalizará sobre as 18:30 h, coa clausura por parte da secretaria xeral de Cáritas Diocesana de Lugo, Mónica Yáñez Devesa.

A xornada está dirixida a traballadores e voluntarios de Cáritas Lugo, os que realizan a súa actividade nas cáritas parroquiais e interparroquiais así como nos programas dos servizos xerais.

Os obxecticos son: coñecer o modelo de relación de axuda que favorece o proceso de crecemento persoal, aumentando a competencia relacional e emocional nas relacións interpersoais en xeral, e nas de axuda en particular. Búscase que os voluntarios de Cáritas melloren no seu labor de acompañamento a persoas, para o cal na Xornada se traballarán as actitudes e habilidades pertinentes para ese fin.

A %d blogueros les gusta esto: