O 23 de maio tivo lugar a última das sesións que durante este curso adicáronse a profundar na Eucaristía da man do licenciado en Teoloxía Litúrxica José Sánchez Piso.
Sánchez Piso fixo notar que a fracción do pan é un intre do rito de comuñón que pode pasar desapercibido: “Cando Xesús di “facede isto en conmemoración miña”, a Igrexa sempre entendeu que non era repetir as palabras, que era facer catro verbos: tomou, bendiciu, partiu e deu. A fracción do pan é un deses catro verbos que configuran o que é unha Misa”. É por iso polo que debe dárselle importancia: “Fracción do pan quere dicir utilidade, pois como inicialmente se empregaba un pan grande facía falta partilo para poder repartilo entre todos. Tamén significa que comungamos todos do mesmo pan, únenos, por iso é tradición. E é un Cristo entregado na cruz, roto, partido por nós na cruz”.
Sánchez Piso sinalou outro aspecto fundamental da celebración que temos moi esquecido: os silencios. “Ao principio, cando vai empezar a Misa, un pouquiño de silencio para ver que imos celebrar. No acto penitencial, un pouquiño de silencio para que nos dea tempo, non digo facer exame de conciencia, pero polo menos para recoñecernos pecadores no noso interior ante Deus. Despois da Palabra de Deus, un pouquiño de silencio para pensar o que se nos acaba de proclamar. E tras a antífona de comuñón, un pouquiño de silencio para rezar”.
Gústame esto:
Gústame Cargando...