formación
Encontros formativos para segrares o 9 de maio
En Sarria ás 20:00h, nos locais da parroquia de Nosa Señora do Rosario (rúa Formigueiros, s/n), co tema da “Familia e educación dos nenos”, reunión dirixida polo matrimonio Rafa Veiga e Marian, membros do movemento de Laicos Xosefinos.
En Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abórdase o tema de “Actividade profesional e política como campo de actuación pública”, reunión guiada por Marta Rodríguez, mestra e membro de Arela. Este tema está encadrado na temática elixida, que ten relación co documento “Los católicos en la vida pública”, da Conferencia Episcopal Española.
Por último, tamén o 9 de maio, ás 20:30h, en Quiroga, no salón da parroquia de S. Martiño de Quiroga (rúa S. Martín de Abaixo, s/n), hai outra das reunión quincenais dun bo grupo de laicos da zona de Quiroga e San Clodio, acompañados dos sacerdotes Manuel Areán, Jesús Río e Manuel Cardenal, en torno a unha formación integral dos segrares e a un compromiso vivo na Igrexa.
Preparación para vivir mellor o tempo de Coresma
O día 10 de marzo, de 20h a 21:15 h, no salón de actos do colexio Divina Pastora, dos Salesianos, na praza da Milagrosa de Lugo, foi a primeira de dúas sesións preparatorias do tempo da Coresma: “Coresma, camiño cara á Pascua”, “A Palabra de Deus guía o camiño”. A segunda charla, tamén a cargo do biblista José Antonio González, é o 11 de marzo no mesmo lugar e á mesma hora.
Por outra parte, a parroquia de Santiago A Nova de Lugo programou os seguintes actos:
– Reflexión comunitaria sobre a Evangelii Gaudium o 12 de marzo ás 19h en Nosa Señora das Fontiñas e o 13 de marzo na igrexa da Nova.
– Oración coresmal e celebración penitencial en Fontiñas o 21 de marzo ás 17:30 e na Nova os días 14 e 28 de marzo e 4 de abril ás 19h.
VI Xornadas para sacerdotes en Montecelo
A Asociación Social e Cultural Porta Maris celebra a sexta edición das súas Xornadas para sacerdotes, os días 19 e 20 de febreiro, en Montecelo, Paderne. O Bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos e mons. Manuel Sánchez Monge, Bispo de Mondoñedo-Ferrol participan nestas xornadas centradas en distintos puntos da mensaxe evanxélica. Tamén se tratará do estilo sacerdotal que pide o Papa e da faceta comunicativa do Santo Padre.
Formación para seglares en Sarria e Monforte
O venres 7 de febreiro, ás 20:00, comeza a formación en Sarria, nos locais da parroquia de Nosa Señora do Rosario (rúa Formigueiros, s/n). Tratarase o tema da familia durante este curso, e a primeira sesión será “A familia, igrexa doméstica”, reunión dirixida por Alfredo Losada, Delegado de apostolado seglar.
O 14 de febreiro, ás 20:30, en Monforte, nos locais da igrexa de S. Antonio (r/ Manuel María, s/n), abórdase o tema do “Fundamento cristián de actuación na vida pública: caridade política”, reunión guiada por Breogán Udías, educador social e membro de Arela.