Formación permanente para sacerdotes, relixiosos e laicos

image

O día 28 de decembro no Seminario ten lugar entre as 10:30h e as 14h unha actividade de formación permanente para sacerdotes, relixiosos e laicos.

O tema é “O sacramento do perdón no Ano da Misericordia” e a persoa encargada de desenvolver o tema é o sacerdote de Burgos Juan María González Oña.

Mons. Alfonso Carrasco clausura o curso de actualización do Instº Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas

Instituto superior compostelán de ciencias relixiosas

O Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas (ISCCR), organizou un ano máis un curso de actualización teolóxico-pastoral ao fío do Ano Xubilar da Misericordia, que se inicia este mes.
O curso deste ano levou por título: “Hoxe e Mañá: Soñar o futuro da Igrexa”. O fío condutor foi a teoloxía práctica, a reflexión teolóxica sobre a acción pastoral e a misión da Igrexa na actualidade. As conferencias responderon a tres grandes preocupacións: as alarmas e desafíos que o mundo de hoxe lanza á Igrexa, o ministerio da verdade e a resposta da Igrexa, a evanxelización desde a clave da misericordia
O curso tivo lugar os martes desde o 6 de outubro ao 1 de decembro de 2015. A conferencia deste 1 de decembro, ás 19h será impartida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco e leva por título “O rostro da misericordia. Reflexións ante o anuncio do Ano Xubilar

Oferta formativa en parroquias da capital lucense

Desde a primeira semana deste mes está a disposición de toda a comunidade de San Antonio de Padua, Lugo, a Biblioteca Parroquial. Está composta por dous tipos de fondos: infantil (ou de catequese) e de adultos.

Terá o seguinte horario: xoves e venres de 17:30h a 19:30h; sábados e domingos, de 11:30h a 13h. e os fondos están catalogados aquí.

Encontros sobre a Laudato si na parroquia Santiago A Nova.

Na última semana de novembro inícianse os encontros semanais sobre a Encíclica do papa Francisco Laudato si‘. En principio o horario será o seguinte:

As Fontiñas: mércores, día 25, ás 19.00 hs.

Santiago A Nova: xoves, día 26, ás 19.00 hs.

 

Última sesión do curso “Aprendamos a amar”

curso-monitores-Aprendamos-a-amar_Página_1

Os días 13 e 14 de novembro ten lugar en Santiago de Compostela a 3ª e última sesión do curso “Aprendamos a amar”. O venres de 17.30 a 21.30h e sábado todo o día. Este curso de educación afectivo-sexual está impartido impartido polas profesoras Nieves González Rico e Begoña Ruiz, que tratarán os seguintes temas: aprendemos a xuzgar: métodos anticonceptivos e aborto; amar co corpo; aspectos morais da regulación da natalidade; taller “Acompañar desde as preguntas”; a madurez afectiva: ser libres para amar. Este curso está organizado pola Fundación Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo e pola Coordenadora Interdiocesana de Pastoral Xuvenil de Galicia.

Inicio da formación permanente para sacerdotes

O 4 de novembro comeza na Diocese a formación permanente para sacerdotes, correspondente ao curso 2015-2016. Os lugares e os días de cada mes nos que haberá esta formación ata maio, son os seguintes:

Chantada (1º mércores), Baralla (2º mércores), Lalín (3º mércores), Monforte (4º mércores), Lugo (1º xoves), Monterroso (2º xoves), Sarria (3º xoves) e A Fonsagrada (4º xoves)

LaMisericordia_Kasper

O documento base de traballo para este curso é o libro de W. Kasper A misericordia, que trata de recuperar ese tema por consideralo esquecido con demasiada facilidade na historia recente da Igrexa e a teoloxía. Se queremos que o protagonista sexa o Deus de Xesucristo, non un Deus abstracto, cómpre poñer no centro a misericordia divina, máxima realización do amor e a xustiza divina. A misericordia ten que ser entón norma e medida da doutrina teolóxica sobre Deus, así como da doutrina e da vida da Igrexa (liturxia, pastoral, espiritualidade, estruturas…).

A %d blogueros les gusta esto: