En Vigo desde fai máis de cincuenta anos; en Ourense desde cincuenta e en Lugo desde máis de vinte e cinco.
Que fan? Axudar ás parellas a descubrir as riquezas do sacramento do matrimonio e vivir a espiritualidade conxugal, tentando ser testemuñas na Igrexa e no mundo.
Propóñense:
-Basear a súa vida matrimonial e familiar no Evanxeo.
-Coñecer mellor a vontade de Deus sobre o home e a muller para cumprila.
-Dar testemuño do amor de Deus a través da súa vida.
-Promover o matrimonio e a vida familiar na sociedade.
E os matrimonios reúnense en grupos ou equipos porque unidos axúdanse mutuamente no progreso humano e espiritual.
O pasado domingo, día 18, reuníronse en Ourense (foto superior) con motivo do 50 aniversario da implantación dos ENS naquela Diocese 150 matrimonios de toda Galicia.
Celebrouse unha Eucaristía na Catedral presidida polos Bispos de Ourense e de Astorga (este consiliario nesta cidade antes de ser nomeado bispo) e, tras a comida compartida fraternalmente, houbo unha serie de actos nos que se conmemoraron os 50 anos de intensa vida do Movemento e da súa inserción na acción apostólica diocesana.
Na diocese de Lugo os ENS están presentes desde 1988.
Ler máis
Gústame esto:
Gústame Cargando...