Concerto cos dous órganos da Catedral de Lugo

_DSC5874

O mércores 1 de xuño ás 20.45 h na Catedral celebrouse o terceiro concerto do III Festival Internacional de Órgano do Corpus en Lugo.

Había décadas que non se utilizaban conxuntamente os dous órganos da catedral: o órgano barroco e o órgano romántico, chamados tamén da epístola e do evanxeo.

Os intérpretes foron:

Giulio Mercati, músico versátil, moi solicitado e apreciado internacionalmente. É o director do ciclo Europeo de Concertos de Órgano “A música do Peregrino” e director artístico do Festival de órgano do Corpus de Lugo.

Román Perucki, é un prestixioso organista e profesor polaco. Realizou máis de 2000 concertos de órgano e numerosos recitais en toda Europa, Estados Unidos, Xapón, Australia e México.

O Festival Internacional de Órgano do Corpus en Lugo organízase co desexo de realzar a solemnidade do Corpus. E intégrase dentro do Ciclo Europeo de Concertos de órganos “A música do Peregrino” que se desenvolve en Lugo, Lugano (Suiza), Milán e Saronno (Italia). Todos teñen como vínculo común o Camiño de Santiago.

Primeiros actos do V Encontro Eucarístico Lucense

Adoración eucarística en Antas de Ulla
Adoración eucarística en Antas de Ulla

O xoves 26 de maio iniciáronse os actos do V Encontro Eucarístico Lucense en Antas de Ulla, onde ás 19:30 h houbo unha adoración eucarística dirixida polo Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense Francisco José Prieto.

O mesmo día ás 20h na Catedral celebrouse o Xoves Eucarístico, con Eucaristía e procesió

O venres 27 maio na Catedral ás 20:45h primeiro concerto do III Festival Internacional de Órgano –Adoro te devote”- con Jean-Christophe Geiser, organista da Catedral de Lausanne e un dos mellores organistas europeos. Será un repertorio espectacular tanto pola calidade como pola facilidade para escoitar para xente que non estea familiarizada con este tipo de música.

V Encontro Eucarístico

V ENCONTRO EUCARÍSTICO LUCENSE - copia

Do 26 de maio ao 5 de xuño hai momentos para a oración, música, literatura, fotografía, conferencias. Os actos dos próximos 7 días son os seguintes

Xoves 26 maio

  • En Antas de Ulla, ás 19:30 h: Adoración Eucarística dirixida polo Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense Francisco J. Prieto.

  • Na Catedral ás 20h: Xoves Eucarístico. Eucaristía e procesión

Venres 27 maio

Na Catedral ás 20:45h primeiro concerto do III Festival Internacional de Órgano.

Adoro te devote”. Jean-Christophe Geiser (Suíza), órgano

Sábado 28 maio

  • 12:30 Concurso fotográfico e Certame literario: entrega de premios e inauguración da exposición fotográfica

  • 20:00 na Catedral: Primeira novena na honra do Santísimo Sacramento. Ata o domingo 5 de xuño. Predicador: Luis Manuel Rodríguez, vicario de coordinación pastoral.

Domingo 29 maio – CORPUS CHRISTI

11:00 Eucaristía e procesión, na praza de Santa María, Lugo

Luns 30 maio

LUGO. Parroquia de Santiago A Nova

20:30 Segundo Concerto do III Festival Internacional de Órgano:

Lauda Sion Salvatorem”. Mario Ciferri (Italia), órgano

Mércores 1 xuño

LUGO. S. I. Catedral Basílica

20:45 Terceiro Concerto do III Festival Internacional de Órgano:

Pange Lingua”. Roman Perucki (Polonia), órgano; Giulio Mercati (Italia), órgano

Xoves 2 xuño

LUGO. S. I. Catedral Basílica. Capela do Bo Xesús

18:30 Conferencia. “Sacramentum Caritatis: los dos altares”.

Jaume González Padrós (Barcelona), Director do Instituto Superior de Liturxia de Barcelona

[Web do Centro Eucarístico Lucense, con todo o programa]

O cardeal D. Antonio Cañizares, na primeira xornada do Encontro Eucarístico Lucense

 

O 19 de xuño deu comezo o III Encontro Eucarístico coa conferencia inaugural do cardeal D. Antonio Cañizares, que calificou a Eucaristía non como un don máis que recibe a Igrexa, senón como o don por excelencia, don do mesmo Cristo, da súa persoa.

 Outro dos aspectos da Eucaristía resaltados por D. Antonio Cañizares é o da unión, non só da Igrexa, senón tamén da sociedade. Ademais, unha maior devoción eucarística daría máis paz ao mundo. Máis aínda, o futuro da humanidade depende da Eucaristía, e como esta non é posible sen sacerdotes, estes tamén fan posible o futuro. O cardeal Cañizares referiuse tamén á celebración eucarística fóra da Misa sinalando que desde o ano 2000 vese un rexurdir masivo en moitas partes do mundo da adoración perpetua.

 

III Encontro Eucarístico Lucense

 

Copia de Encontro Eucarístico lucense

Programa

19 de xuño de 2014

Salón de Actos da CASA DO SABER Praza de Pío XII, 5

18:00 Presentación do III Encontro Eucarístico Lucense

18:30 Conferencia inaugural

A Eucaristía, corazón pulsante da Igrexa”Cardeal D. Antonio Cañizares

S. I. Catedral basílica

20:00 Xoves Eucarístico. Eucaristía e Procesión

Venres 20 de xuño de 2014 Santuario do Cebreiro

Clausura do curso pastoral 2013-2014

11:30 Conferencia “A Adoración Eucarística, base dunha nova evanxelización” polo Cardeal D. Antonio Cañizares

13:15 Celebración Eucarística

16:30 Primeiro concerto do I Festival Internacional de Órgano. Johannes Skudlik

Sábado 21 de xuño de 2014 Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo

12:00 Concurso de fotografía: Eucaristía e patrimonio relixioso en Lugo. Entrega de premios e inauguración da exposición de fotografía

Domingo 22 de xuño

Praza de Santa María 11:00 Eucaristía. Solemnidade do Corpus Christi

S. I. CATEDRAL BASÍLICA

20:45 Segundo concerto do I Festival Internacional de Órgano. Wladimir Matesic

Mércores 25 de xuño

Parroquia de SANTIAGO A NOVA

20:30 Terceiro concerto do I Festival Internacional de Órgano. Lida Basterretxea Vila (voz), Giulio Mercati (órgano)

Xoves 26 de xuño

Praza de Santa María 21:00 Recital poético-eucarístico

Venres 27 de xuño

S. I. Catedral basílica

20:45 Cuarto concerto do I Festival Internacional de Órgano. Miquel González

 

A %d blogueros les gusta esto: