En nome do señor bispo, D. Alfonso Carrasco Rouco, a Delegación de Liturxia invita ao encontro diocesano para clausurar o curso pastoral 2014-2015, o próximo 19 de xuño, venres, no santuario do Cebreiro.
É un encontro-convivencia para sacerdotes, relixiosos, consagrados e fieis laicos. O motivo é reunirse para dar grazas a Deus por este curso pastoral, ademais é unha ocasión para verse, compartir experiencias, rezar e comer xuntos. Preside o encontro o Sr. Bispo.
Organízase a comida para todos e desde Lugo ponse autobús, con saída da Praza de Bretaña ás 9:30 h. da mañá. É necesario apuntarse para a comida e para o desprazamento en autobús, o prezo da comida son 14 € e o autobús 10 €.
O encontro desenvólvese do seguinte xeito:
-
11:00 h: Acollida-oración
-
11:20 h: Reflexión: “Eucaristía e fe. A importancia da Eucaristía dominical”. Dirixe: Rvdmo. e Excmo. D. Leonardo Lemos, Bispo de Ourense.
-
12:30 h: Descanso
-
13:15 h: Celebración da Santa Misa
-
14:15 h: Comida
-
16:45 h: Oración mariana
-
17:15 h: Fin do encontro