O vindeiro 28 de novembro terá lugar o encontro diocesano ao inicio do Ano Litúrxico. Comézase no Santuario da Saleta en Silleda para logo acudir ao Santuario do Corpiño en Lalín.
O inicio do Ano Litúrxico é sempre unha boa ocasión para encontrarse, reflexionar e rezar xuntos. É unha reunión aberta a sacerdotes, consagrados e laicos. Presidirá o Bispo, D. Alfonso Carrasco.
O encontro desenvolverase do seguinte xeito:
-
10:30 h en Siador, Nosa Señora da Saleta. Visita a igrexa e oración
-
12:00 h: O Corpiño. Reflexión “Ano Litúrxico, posibilidade de encontrarnos con Xesús” a cargo de D. José Joaquín Borrajo, Vicario Xeral da Diocese de Ourense.
-
12:30 h: Tempo de oración e reflexión persoal.
-
Oportunidade de recibir o Sacramento da Confesión
-
13:15 h: Eucaristía. Ó final da mesma: invocación mariana
-
14:15 h: Xantar.
A comida será nun restaurante no Corpiño (15€); un autobús sairá ás 8:45h. da mañá da Ronda da Muralla á altura da Porta de San Fernando, Lugo e regresa ao final do encontro (15€). É necesario anotarse, para a comida e o autobús, antes do día 25 de novembro nos teléfonos 982 21 42 65 (horario de tarde de 18 a 20h.), zona de Pontevedra 679 55 8108.
Organiza: Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico