O programa de emprego de Cáritas desenvolve varias liñas de axuda á xente que está buscando traballo, desde darlles información para achegalos máis ao mundo laboral ata apoialos cando teñen algunha idea para emprender pola súa propia conta.
A Cáritas pode ir calquera persoa que se atope en situación de desemprego. Cada persoa é acollida, escoitada e sabe que Cáritas é a súa casa. A través de distintas entrevistas vese cal é a súa situación e en que camiño se lle pode acompañar.
Información, asesoramento, formación e apoio económico
Cáritas dá información sobre o emprendemento e espazos de asesoramento para aqueles que xa teñan unha idea e queiran emprender. Algo fundamental é a formación, pois ter unha idea está moi ben, pero para emprender hai que ter moitos conceptos claros. Non se pode emprender sen máis, e entón Cáritas facilita todas as ferramentas necesarias.
Moitas veces os emprendedores non poden levar a cabo a súa idea porque lles falta apoio económico. Cáritas dá axuda económica naqueles proxectos que se ven viables.
Como tantas cousas no mundo actual, non é doado emprender. No ano 2013 xurdiron 3 novos empresarios e actualmente un continúa coa súa actividade. E o apoio económico que lle deu Cáritas está devolvéndoo de xeito regular para que outros emprendedores tamén poidan beneficiarse.
Ler máis
Gústame esto:
Gústame Cargando...