O martes 14 de marzo ás 19:30h no salón de actos do Colexio María Auxiliadora (avda. Ramón Ferreiro, 30 Lugo) haberá unha conferencia-coloquio baixo o título “Como ser pais hoxe?” a cargo de Consuelo Santamaría, do Centro de Humanización de la Salud, doutora en Filosofía e CC. da Educación, máster en Counseling e Dó.
Trátase de compartir experiencias e descubrir pautas adecuadas para a educación dos fillos. A sesión durará unha hora e media coa estrutura seguinte:
-
Presentación do tema a tratar (entrégase un resumo aos asistentes).
-
Charla-coloquio.
-
Traballo en grupos pequenos
Todo iso de forma dinámica, ilustrado con casos reais, promovendo a participación e favorecendo o diálogo e a formulación de dúbidas, cuestións… É un acto que organizan o Centro de Orientación Familiar Diocesano e o Colexio María Auxiliadora, en colaboración co Colexio Divino Mestre.