![](https://i2.wp.com/www.anosavoz.com/wp-content/uploads/2018/02/Ginés-recibindo-medalla-Parlamento-Galicia.jpg?resize=690%2C697)
A Medalla do Parlamento de Galicia deste ano 2018 recoñece o traballo das Cáritas Diocesanas da Comunidade, ademais de Aldeas Infantiles SOS Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). A decisión foi adoptada pola Mesa da Cámara e recoñece publicamente o labor das entidades e organizacións que traballan no ámbito social.
Cáritas Diocesanas de Galicia está integrada polas cinco Cáritas das dioceses de Santiago de Compostela, Tui-Vigo, Lugo, Ourense e Mondoñedo-Ferrol.
Cáritas conta en Galicia con 462 puntos de atención nos que colaboran 4.800 voluntarios, que cada ano prestan axuda ás persoas máis vulnerables.
A entrega da Medalla do Parlamento de Galicia celebrouse no Pazo do Hórreo o 6 de abril, aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia.