O Centro de Orientación Familiar Diocesano, en colaboración co Concello de Lugo, organiza no Centro social Uxío Novoneyra ás 18h un ciclo de conferencias de especial interese para quen teña ao seu cargo persoas dependentes. O programa é o seguinte:
30 de maio:
O coidador na encrucillada: entre o amor, a rabia, o deber e a culpa
Relator: Martiño Rodríguez González. Psicólogo, Terapeuta Familiar e Director do COF Diocesano de Lugo
6 de xuño:
Orientacións sobre o aseo, a alimentación e o coidado da persoa dependente
Relatora: Sonia Abeledo Sánchez. Educadora Social, Auxiliar de Enfermaría e formadora en atención á discapacidade, terceira idade e saúde.
20 de xuño:
Coidar coidándose. Reflexións sobre a síndrome do coidador queimado, a comunicación e a autoestima
Relatora: Noemí Devesa Montouto. Psicóloga, Diplomada en Maxisterio e formadora en temas de dependencia.
27 de xuño
A asistencia na vellez: a que recursos e apoios podo acceder?
Relator: Manuel Pérez Puente, Director do Centro de Día ABRITE
4 xullo:
Reflexións sobre o Alzheimer e outras demencias, e coloquio aberto cun xeriatra experimentado
Relator: Manuel Melero Brezo, Médico especialista en xeriatría