O cóengo e Vigairo Xeral da Diocese, José Mario Vázquez Carballo, foi reelixido como deán da Catedral de Lugo para os vindeiros catro anos.
O pasado 21 de novembro, en sesión extraordinaria o cabido catedralicio procedeu á elección de Mario Vázquez, e agora o bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco, confirmou e nomeamento.
O cabido catedralicio, presidido polo Bispo de Lugo, está composto por 13 membros.
O seu nacemento como institución pérdese no tempo. Desde mediados do século VII até comezos do XIII, o clero adscrito ao servizo da Catedral de Lugo vivía formando unha comunidade, e tiña unha regulamentación semellante ás monásticas da época.
Dado que Don Rodrigo figura en 1155 como Prior Canonicae, e subscribe como deán en 1168, probablemente nomeado polo Papa Alejandro III, conclúese que é nesa época cando a institución comeza a súa singradura.