Nova xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Os salóns parroquiais de Silleda, acollen o sábado, 9 de maio, unha nova xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (CFMF) que organizan conxuntamente as cinco dioceses de Galicia.
O decano do Tribunal da Rota, Carlos Morán tratará o tema das crises matrimoniais. Desde o seu coñecemento directo de centos de traxectorias matrimoniais como decano do Tribunal da Rota, Carlos Morán, falará sobre os retos aos que deben enfrontar os matrimonios para ser felices e que se pode facer para converter as crises en momentos de crecemento, todo iso desde unha perspectiva esperanzadora, profunda e misericordiosa.
A sociedade actual, lonxe de considerar o amor como doazón, entrega, intercambio e interrelación, ve o matrimonio dunha maneira moi desvirtuada do que significa e de como se debe de vivir para que sexa pleno e satisfactorio. Por iso tamén se tratará nesta xornada a cuestión da prevención, e o modo en que a Igrexa debe suscitar a preparación ao matrimonio para poder ofrecer aos noivos unha formación que sexa unha boa axuda.
Nesta xornada, ademais, presentarase o labor da Fundación Gift & Task que leva desde 2007 ofrece un itinerario de preparación próxima ao matrimonio, que é quizais a oferta formativa para noivos máis interesante, de maior calidade e profundidade de toda España.

O horario é o seguinte:
10 h 1º relatorio “O amor conxugal: autodoazón e entrega
12 h 2º relatorio Causas das crises conxugais, As crises, unha ocasión para amarse
13.10 h 3ª relatorio – Prevención das crises e forma de abordalas
16 h Experiencias: Gift & Task, un revolucionario curso para noivos
16.20h Orientacións para a prevención das nulidades e coloquio aberto co ponente

Carlos M. Morán Bustos

Doutor en Dereito Canónico, desde 2009 é Decano do Tribunal da Rota da Nunciatura Apostólica de España.
É autor de numerosas publicacións e impartiu conferencias e seminarios sobre temas relacionados co matrimonio en xeral, e sobre dereito matrimonial e procesal canónico en particular.

[Ver vídeo de Carlos Morán]

Nova xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia

A segunda xornada deste 2º ano do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (2015) será o vindeiro sábado 7 de marzo en Silleda. O seu título é “A educación afectiva e sexual na familia: ser pais”, e a relatora principal é a doutora Nieves González Rico.

No apartado de experiencias, a partir das 17:30, o plan previsto é:

Ademais de coñecer as Fundacións Desarrollo y Persona e COF Diocesano de Valladolid, que serán presentados por Nieves González, tamén haberá representantes doutras dúas realidades interesantes:

Proxecto Raquel España (por video-conferencia): Maria José Mansilla

Red Madre Galicia: Mónica Fernández

Nesta xornada búscase capacitar a pais, profesores e axentes de pastoral para abordar a sexualidade desde unha perspectiva que responda aos desexos máis profundos do corazón humano.

Seminario en Silleda sobre o Sínodo da Familia

Copia de Seminario complementario sobre o sínodo da familia

Calquera persoa que o desexe pode participar neste Seminario sen inscribirse. Prazas libres ata completar aforo (250 prazas) nos locais da Parroquia de Santa Eulalia (Silleda, Pontevedra) – Rúa G n°3, baixo (a carón do templo parroquial)

Horario: Día 14 de febreiro de 10.15h a 18.00 h. Pola mañá haberá tres conferencias, unha de cada un dos relatores: o periodista Ricardo Benjumea e dous auditores do Sínodo, María Lacalle e Alfonso Fernández Benito. Pola tarde hai unha hora e media de coloquio-entrevista nunha mesa redonda cos 3 relatores.

Neste seminario ofrécese a toda a Igrexa de Galicia (sacerdotes, familias, matrimonios, consagrados) a posibilidade de estar con persoas que participaron no Sínodo da Familia, ao sentir e a experiencia real do Sínodo. Será tamén unha ocasión para reflexionar sobre os desafíos da Pastoral Familiar da Igrexa hoxe, e para coñecer as luces e camiños da Igrexa no intento de responder a eles. E como a Igrexa formámola todos os bautizados, o seminario representa tamén un marco privilexiado para preguntarse e eu, que podo facer para ser luz?

Máis información: info@cfmfgalicia.es  Teléf. 982 245 433 (entidade coordinadora)

Reanúdase o Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Os días 17 de xaneiro e 7 de marzo ten lugar en Silleda o Módulo de Educación Afectivo-sexual, que tamén forma parte  do 2º ano do Curso de Formación en Matrimonio e Familia. A primeira sesión, o día 17, terá os seguintes relatorios e comunicación de experiencias:

  • 1º relatorio – Cuestións clave en bioética hoxe en que afectan ao meu matrimonio e á miña familia

  • 2º relatorio – A sexualidade como camiño de plenitude: a maduración da masculinidade e a feminidade

  • 3º Relatorio-coloquio: Mensaxes integradas: como responder ás preguntas sobre educación sexual a fillos de cinco a dezaoito anos

  • Experiencias: Acompañando aos mozos na vocación ao amor: experiencias na etapa universitaria (Residencia Universitaria A Estila, Santiago de Compostela)

    Tamén haberá traballo en grupos, momentos de oración e unha Eucaristía cando finalice a xornada.

    O encargado dos relatorios é o Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Jokin de Irala.

Seminario sobre a familia na Sagrada Escritura

O Seminario “Volver ao principio. Matrimonio e familia na Sagrada Escritura” está organizado polas dioceses galegas na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela o 20 de decembro 2014 de 9.45 a 20.15h. Forma parte do Curso de Formación en matrimonio e familia, pero trátase dunha sesión aberta.

O guión-esquema a seguir durante a xornada é o seguinte:

1. O comezo dun longo camiño (Matrimonio no AT)

2. A plenitude: ensino de Jesús sobre o matrimonio (Evanxeos)

3. As testemuñas da plenitude: Paulo e Apocalipse de Xoán

O relator é o profesor Luís Sánchez Navarro, DCJM, Catedrático de Novo Testamento na Universidade Eclesiástica San Dámaso.

A %d blogueros les gusta esto: