Para os días 28 e 30 de marzo están programados uns Cursiños de Cristiandade na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo. Están destinados ás persoas insatisfeitas que queiran sacarlle máis á vida, a toda persoa que busque o sentido transcendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir. Dada a súa forma de anuncio da Boa Nova, o Cursiño de Cristiandade diríxese non só aos crentes que buscan profundar na súa vida de fe, senón tamén a persoas indiferentes, non crentes ou afastadas.
Cursiños de Cristiandade
Cursiños de cristiandade a partir do día 15
Estes Cursiños de cristiandade serán entre os días 15 e 17 de marzo na Casa Diocesana. A entrada é o venres ás 20:30 e a saída o domingo ás 21h.
O novo Papa Francisco dirixíase hai dous anos aos “cursillistas” da arquidiocese de Buenos Aires con estas palabras: “É necesario que o Movemento de Cursos de Cristiandade a través da participación de todos, continúe o seu camiño de conversión pastoral”.
Cursiños de Cristiandade a partir do día 16 de novembro
Comezan na Casa Diocesana o día 16, cando ten lugar a acollida entre as 20 e as 21 horas. E permanecerase en réxime de internado ata o día 18 pola noite. O Cursiño de Cristiandade será impartido por 5 segrares e 3 sacerdotes (de Santiago A Nova). A finalidade esencial é o encontro persoal con Cristo nun ambiente grato, con diálogo e traballo en equipo.