Xubileu das persoas que se dedican á protección animal e da natureza

O domingo 21 de xaneiro celebrouse no Santuario do Corpiño o primeiro Xubileu do 2018, o das persoas que se dedican á protección animal e da natureza.

Ás 11:50 h, iniciábase a peregrinación cara á Porta Santa, logo de impartir a bendición do peregrino o Rector do Santuario a gran número de devotos, chegados de diversos lugares: Poio, Ribadavia…

Ás 12:00 h, tivo lugar a Eucaristía, na cal cantou a coral de Pontedeva (Ourense). Ao terminar impartiuse a bendición a todos os presentes, incluíndo os animais que recibiron a bendición no exterior do Santuario.

O próximo Xubileo será o 28 de xaneiro, dedicado aos medios de comunicación.

A programación será como nos anteriores xubileus (se o tempo o permite):

Ás 11:00 h, Saída cara á Igrexa Parroquial de San Pedro de Losón para realizar desde alí ata o Santuario o Camiño dos pastorciños

Ás 11:35 h, impartirá a Bendición a todos os Peregrinos e devotos na Carballeira do Santuario

Ás 11:40 h, comezo da procesión cara á Porta Santa doSantuario.

Ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que se dedican a transmitir a información. Ao terminar se impartirá a bendición a todos os presentes.

Xubileu no Corpiño das persoas que se dedican á protección animal e da natureza

domingo 21 terá lugar o Xubileu das persoas que se dedican á protección animal e da natureza, e tamén se fará a bendición ao finalizar a Eucaristía das 12:00 horas.

O mércores 17 de xaneiro celébrase a festividade de San Antón Abade, protector dos animais. Por iso, ao finalizar a Eucaristía das 18:00 h farase a bendición dos animais.

Próximos xubileus

O domingo 28 ás 12h Xubileu dos medios de comunicación e o día 30 (Día escolar pola non violencia e a paz) será ás 11h o Xubileu da ensinanza, celebrándose unha xornada de convivencia con colexios.

Xubileu dos matrimonios no santuario do Corpiño

 

O Corpiño despediu o 2017 cun día repleto de eventos. Ás 12:00 da mañá arrincaba o Xubileu dos matrimonios, que malia as inclemencias do tempo, reuniu a un gran número de matrimonios, que renovarono seu compromiso nun emotivo acto; ao finalizar cada parella recibiu un detalle.

Logo da Eucaristía das 12:00 h, houbo un concerto de panxoliñas a cargo dos nenos que asisten ao catecismo no Santuario, guiados e ensaiados polo director do coro do Corpiño.

Na Eucaristía das 18:00h, o Delegado Episcopal de Pastoral Familiar, Rvdo. Don Rodrigo Rúa Iglesias (foto esquerda), expuxo o relatorio-catequese “María, mestra da familia”.

O próximo acto terá lugar o mércores, 17 de xaneiro, ás 18:00 h, día de San Antonio Abad, no que serán bendicidos aos animais no adro do Santuario ao finalizar a Eucaristía.

E o domingo 21 de xaneiro, ás 12:00 h, será o Xubileu das persoas que se dedican á protección animal e da natureza.

Cea de Noiteboa no Corpiño

Neste ano Santo Mariano, no medio de tantos preparativos para a Coroación da Benaventurada Virxe María do Corpiño, non esquecen a ninguén, e moito menos en Noiteboa, que resulta ás veces triste por mor da soidade ou ben por falta de recursos. Por iso prepárase unha cea solidaria o día 24 ás 20:00 h. na casa reitoral para todas aquelas persoas que non teñen con quen pasar un día tan significativo. A idea é que este ano sexa o punto de partida para que todos poidan gozar da calor da compañía, que logren gozar e valorar o que de verdade celebramos.

Para apuntarse á cea hai de prazo ata o día 21 no correo electrónico santuario@ocorpino.es ou ben na sancristía.

Xubileu da Música no Corpiño

O domingo 26 celebrarase o Xubileu das persoas que se dedican á música e ao canto. Intervirá o coro de Marín (Po). Ás 12:00 h, hai unha Eucaristía por todas as persoas que pertencen dalgún modo ao mundo da música. Ao terminar impartiráse a bendición a todos os presentes e aos instrumentos musicais.

O día anterior, o sábado 25 ás 18:00 h, amenizará a Eucaristía o coro Castelo de Cira.

A %d blogueros les gusta esto: