O domingo 17 de xuño, a unha semana da Coroación Pontificia da Benaventurada Virxe María do Corpiño, estivo repleto de fregueses ao longo de toda a xornada. Durante toda a mañá chegaban autobuses de diversos lugares de Galicia: Laracha, A Coruña, Porto do Son, estes últimos, acompañados do seu sacerdote, D. Ramón, o cal presidiu a Eucaristía das 12 h. A tarde non foi menos concorrida; nesta ocasión a Santa Misa presidiuna o Vicario de pastoral da Diocese de Lugo Luis Manuel Rodríguez Pérez.
Ao finalizar, tivo lugar uno dos actos máis agardados: o mestre ourive sevillano Fernando Marmolejo explicou por medio de fotos e videos, o proceso de realización da coroa da imaxe da Virxe, o cal levou seis meses. Ao final tamén houbo un tempo para preguntas por parte dos presentes, que en varias ocasións emocionáronse e iso viuse reflectido en emotivos aplausos que fixeron saltar algunha bágoa ao ourive.
Nesta presentación o máis destacable foi a implicación por parte do autor da obra para realizar a coroa, reflectindo nela todo o que rodea á Virxe e ao Santuario do Corpiño, tanto física como devocionalmente, desde os carballos ata a Custodia da Diocese de Lugo; algo que para levar a cabo motivou varios desprazamentos a Galicia.