O día 25 de xuño do ano actual conclúe a vixencia do XII Consello Presbiteral Diocesano, polo que cómpre proceder a unha nova elección. A convocatoria de eleccións para designar aos membros do novo Consello Presbiteral, terceiro do pontificado de Mons. Alfonso Carrasco, faise de acordo coas disposicións vixentes nos seus Estatutos.
As votacións terán lugar entre os días seis e nove de xullo.
O Consello presbiteral é un ámbito de representación, de consulta, de traballo dos sacerdotes co Bispo. No Consello trátanse as opcións pastorais máis importantes.