Congreso de Laicos “Pobo de Deus en saída”

Do 14 ao 16 de febreiro ten lugar en Madrid o Congreso Nacional de Laicos “Pobo de Deus en saída”, con 5 claves:

  • escoitar ao laicado,

  • sinodalidade e corresponsabilidade,

  • discernimento á luz da Palabra,

  • promover unha cultura de encontro e

  • impulsar un laicado en saída.

Trátase de transmitir unha mirada de esperanza ante os desafíos da nosa sociedade, vivindo a fe cristiá con alegría.

Ademais da participación directa dun grupo de persoas da Diocese de Lugo, ao resto dos diocesanos pídeselles sintonizar cos traballos do Congreso, uníndose en oración e dispoñendo o ánimo para acoller as liñas de acción que xurdan. Deste xeito contribuirase a dinamizar a todo o Pobo de Deus que peregrina na Diocese de Lugo e en toda España.

Encontro Diocesano de Laicos

O sábado 16 de novembro ten lugar o Encontro Diocesano de Laicos de Pre-congreso “Pobo de Deus en saída”. Será no Seminario desde as 10h ás 17 h.

PROGRAMA

  • 10: 00 Acollida

  • 10: 30 Oración

  • 10: 45 Saúdo

  • 11: 00 Comunicacións. Itinerarios congreso: 1) Primeiro anuncio.

           2) Acompañamento. 3) Procesos formativos. 4) Presencia na vida pública

  • 12: 00 Traballo en grupos.

  • 13: 30 Comida

  • 15: 00 Posta en común

  • 16: 00 Celebración: apartacións traballo de movementos e parroquias. Partir do evanxeo de Emaús Lc 24, 13-35.

  • 17: 00 Fin da xornada

Conferencia sobre o Congreso de laicos “Pobo de Deus en Saída”

O 7 de xuño o Seminario acolleu a conferencia: Congreso de laicos “Pobo de Deus en Saída”, a cargo de Alfredo Losada, relator do Congreso de Laicos, e que lembrou os obxectivos do mesmo:

– Vocación bautismal do laicado para a misión

– Dimensión socio-política da fe

– Vivir a misión con alegría e esperanza

– Comuñón para a acción misioneira

– Igrexa de “discípulos misioneiros” na Igrexa e no mundo

Tamén explicou Alfredo Losada as 3 etapas que hai:

Na 1ª etapa (Pre-Congreso), a Delegación Diocesana de Apostolado Segrar sintetizará os traballos que se están levando a cabo en movementos, parroquias… Esta fase rematará nun Encontro diocesano en outono. Coas achegas das dioceses elaborarase un Instrumentum Laboris.

A 2ª etapa será o Congreso de Laicos, que se celebrará entre o 14 e o 16 de febreiro de 2020, en Madrid. O venres 14 dase a coñecer o relatorio de saída, que recolle todo o traballo previo. O sábado preséntanse experiencias e trabállase en 80 grupos. Para isto cada participante anótase en dous dos catro itinerarios fundamentais: Primeiro Anuncio, Acompañamento, Procesos Formativos e Presenza na Vida Pública. O domingo será o día do relatorio da misión, que recolle o traballado o día anterior.

Nunha 3ª etapa (Pos-Congreso) daranse pasos para cambiar a realidade do laicado, avanzarase en liñas que marquen o discernimento pastoral, definiranse liñas pastorais orientadoras para o laicado, actualizarase o documento “Cristiáns Laicos, Igrexa no mundo”.

A %d blogueros les gusta esto: