IV Certame Literario de Poesía Eucarística

O Centro Eucarístico Lucense convoca o IV Certame Literario de Poesía Eucarística. A temática das obras presentadas debe ser eucarística, preferiblemente vencellada coa adoración eucarística en Lugo. Poden presentarse ao Certame todas aquelas poesías escritas en castelán ou en galego que constitúan un único poema ou varios cunha extensión máxima de 300 versos.

Antes do 25 de maio as obras poderán entregarse en persoa ou enviarse por correo ao Centro Eucarístico Lucense (LEC), Praza de Santa María 1, 27001 Lugo mencionando no sobre “Certame Literario”.

[Bases]

V Concurso de Fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso en Lugo”

O Centro Eucarístico Lucense organiza o V Concurso de Fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso en Lugo” coa pretensión de contribuír á promoción da fe na Eucaristía e tamén recoñecer a riqueza do patrimonio artístico existente na Diocese e na provincia de Lugo.

Cada participantes poderá presentar un máximo de 4 obras (cor ou b/n) figurando en cada unha o tema no que participa (Eucaristía ou Patrimonio relixioso cristián). As obras, montadas en paspartú (40×50) serán entregadas antes do 25 de maio no seguinte enderezo: Centro Eucarístico Lucense, pza. de Santa María, s/n Lugo.

[Ver bases completas]

Concursos de tarxetas de Nadal

La Voz de la Verdad

Ata o 25 de decembro, alumnos de Infantil, Primaria e E.S.O. que estuden en Galicia poden presentar tarxetas de Nadal orixinais e inéditas en tamaño DIN-A4 con técnica libre e soporte cartolina ou cartón pluma. Concederanse premios consistentes en lotes de libros, cheques-agasallo intercambiables por libros ou material escolar.

Os traballos enviaranse a Premios Vozesnavoz La Voz de la Verdad, r/ Bispo Aguirre, 17 27002 Lugo. Pode facerse a entrega persoalmente ou por medio do centro escolar no que estude o concursante.

Parroquia de A Estación

A Parroquia monfortina organiza este mes o concurso de tarxetas e cartas “O Nadal cos teus ollos e as túas palabras”. A idea é que nenos e adultos poidan expresar co debuxo ou coas súas palabras o que é o Nadal.

Hai dúas categorías: infantil (ata os 12 anos) e adulto.

Na Parroquia recóllense os traballos ata o día 22 de decembro e os premios entregaranse o día 25 de decembro.

Chantada

A Parroquia Santa Mariña convoca un concurso de tarxetas de Nadal para os nenos e nenas da catequese nos distintos niveis, e tamén un concurso de beléns dos nosos fogares, e outro de beléns nos escaparates dos negocios da Parroquia. As postais serán colocadas na igrexa e dos beléns subiranse as fotos á páxina de facebook da Parroquia.

Data límite: 18 de decembro.

Premiados no IV Concurso de Fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso”

O 31 de maio, o xurado do IV Concurso de Fotografía Eucaristía e Patrimonio Relixioso en Lugo acordou por unanimidade conceder os seguintes premios:

1. Apartado Patrimonio Relixioso

– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Francisco Javier Azurmendi Iglesias.

– Segundo premio e trofeo dotado con 400 € á fotografía de Julio Sánchez Pallín.

– Accésit, dotado con 150 €, á fotografía de José Ignacio Vizoso Pena.

2. Apartado Eucaristía en Lugo

– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Ana Criado Sánchez.

– Segundo premio, dotado con 400 € e trofeo, á fotografía de José Rey.

Os premios entregaranse o día 17 de xuño ás 12.30 h no salón de actos do Seminario Diocesano de Lugo. As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, expoñeranse durante un mes neste centro.

Este concurso convocado polo Centro Eucarístico Lucense pretende ser unha invitación aos artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acollida prestada a esta iniciativa.

Concurso de tarxetas de Nadal

concurso-tarxetas-de-nadal-la-voz-de-la-verdad-copia

A libraría La Voz de la Verdad convoca o VIII Concurso de tarxetas de Nadal. Entre os puntos das bases están os seguintes:

Participantes. Alumnos de Infantil, Primaria e ESO que cursen estudos en Galicia.

Presentación. Os traballos deberán ser tarxetas de Nadal orixinais e inéditas en tamaño DIN-A4. O soporte será cartolina ou cartón pluma. A técnica será libre.

Na parte traseira da obra irán os datos persoais (nome do autor, idade, enderezo, teléfono, curso e Centro onde estuda) e co selo do Centro. Os traballos enviaranse a: PREMIOS VOZESNAVOZ. La Voz de la Verdad. R/ Bispo Aguirre, 17 27002 Lugo. Tamén se poden entregar en persoa ou por medio do Centro.

Prazo. O prazo de presentación remata o 25 de decembro.

Premios. · Educación Infantil. Dous lotes de libros.

  • Educación Primaria. Do primeiro ó terceiro curso, un cheque-agasallo intercambiable por libros ou material escolar de 70 € e outro de 50 €. Do cuarto ó sexto curso un cheque-agasallo intercambiable por libros ou material escolar de 80 € e outro de 60 €.

  • Educación Secundaria Obrigatoria. Un cheque-agasallo intercambiable por libros ou material escolar de 90 € e outro de 70 €.

  • Premio especial. Establécese tamén un premio á orixinalidade (incompatible cos premios anteriores) consistente nun cheque-agasallo intercambiable por libros ou material escolar de 90 €.

Final. Os premios serán entregados nun acto celebrado en La Voz de la Verdad o día 19 de xaneiro ás 20 horas.

A %d blogueros les gusta esto: