Concerto do organista Giulio Mercati e Solo Voces

O venres 10 de xaneiro ás 20:30 h na Catedral de Lugo o organista Giulio Mercati dará un concerto que é o segundo da serie de 3 actuacións que comezaron o ano pasado e que continúan neste ano 2020. Tamén intervirá o grupo vocal Solo Voces baixo a dirección de Fernando G. Jácome.

A finalidade destes concertos é chamar a atención sobre a necesidade de restaurar o órgano da Epístola da basílica lucense. Entrada libre ata completar cabida.

PROGRAMA

Felix Mendelssohn (1809-1847)

Verleih uns Frieden gnädiglich

Transcrición para coro e órgano de Benjamin Righetti

Johannes Brahms (1833-1897)

Preludio e fuga en sol menor

Dúas corais da colección op. posth. 122:

– É ist ein Ros’ entsprungen, n. 8

– O Gott, du frommer Gott, n. 7

Para órgano

Johannes Brahms (1833-1897)

Geistliches Lied, op. 30

Para coro e órgano

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

– Wachet auf, ruft uns die Stimme, BWV 645

– Toccata, adagio e fuga, BWV 564

Para órgano

Gabriel Fauré (1845-1924)

Cantique de Jean Racine, op.

Para coro e órgano

“Doce Nadal” e concerto na Parroquia Santiago A Nova

O venres 20, na Parroquia Santiago A Nova ábrese ao redor das 10.00 horas o mercado tradicional Doce Nadal con produtos elaborados por numerosos e asiduos colaboradores de Caritas Parroquial. Na tarde do xoves (día 19) poderase facer entrega dos produtos que estarán á venda durante ese fin de semana.

 Por outra parte, o Orfeón Lucense interpretará o sábado 21 de decembro ás 20:30 h na igrexa da Nova un variado repertorio composto por pezas clásicas, de música tradicional e moderna de distinta procedencia, interpretadas por solistas ou de forma coral, coas que queremos obsequiar, felicitar e mesmo sorprender aos ouvintes.

Concerto na Catedral do organista Giulio Mercati

O mércores 25 de setembro, ás 20.45 h, a Catedral de Lugo acollerá un concerto do organista italiano, Giulio Mercati. É o primeiro dunha serie de tres concertos que este organista dará entre este ano e o seguinte coa intención de sensibilizar sobre a necesidade de recuperar o órgano da Epístola da catedral lucense. A entrada é libre e gratuíta.

O ano que vén cúmprese o centenario do inicio da construción do órgano da Epístola polo organeiro Frei Manuel Fernández e o artesán local, José Sal.

O órgano da Epístola é un instrumento de gran singularidade, pola súa beleza e capacidades expresivas. O seu complexo sistema de transmisión pneumático tubular, así como a practicamente enteira disposición horizontal dos seus tubos fan deste instrumento un unicum no mundo da organería.

Co paso dos anos este instrumento viu diminuída a súa funcionalidade técnico expresiva e, por iso, imponse a necesidade de recuperalo tanto para o acompañamento musical da liturxia cotiá como para a interpretación de concertos ou recitais.

No ano 2015 unha importante intervención de restauración logrou frear o proceso de degradación do instrumento. No entanto, agora faise necesaria unha restauración completa que devolva o esplendor e as capacidades mermadas que posúe o órgano da Epístola.

Este concerto e os próximos teñen a intención de sensibilizar sobre a necesaria restauración, recuperación e conservación deste órgano e a consecuente procura de fondos para levar a cabo a intervención.

Concerto solidario organizado por Mans Unidas

O 27 de xuño ás 20:30 h o Círculo das Artes de Lugo acolle un Concerto solidario a favor de Mans Unidas. Intervirán a Banda Sons e Soños (Rábade, Begonte, Outeiro de Rei), dirixida por Armando Morales e o grupo musical “Los Potes”, con cancións dos anos 1950-70.

A entrada-donativo (5€) pode conseguirse na Delegación de Mans Unidas (r/ Cruz, 1 B, 1º) ou no Círculo das Artes (1 hora antes do concerto).

Polifonía por quilos

As Corais de Lugo, convocadas polo Orfeón Xoán Montes, participan nos Concertos Solidarios “Polifonía por quilos”. As actuacións realizaranse nas distintas igrexas da cidade de Lugo e pídese a doazón duns quilos de alimentos, non perecedoiros, para que as propias parroquias repartan entre os máis necesitados.

Programa:

Sábado 15/12/2018.- Parroquia San Antonio de Padua 19.30

–Orfeón Xoán Montes (Misa)

–Coral Xolda (Concerto)

Sábado 15/12/2018.- Parroquia Santiago A Nova/ centro parroquial Fontiñas 18.30

–Schola Gregoriana Lucensis (Misa e Concerto)

Sábado 15/12/2018.- Parroquia Santiago A Nova 20.00

–Cantar Delas e Solo Voces (Misa e Concerto, conxuntamente)

Domingo 16/12/2018.- Parroquia Sagrado Corazón 12.00

–Coral Xeral Calde e Coral Lugh (Misa e Concerto, conxuntamente)

Domingo 16/12/2018.- Parroquia A Milagrosa 12.30

–Coral Ecos do Miño Astelu (Misa)

–Coro San Antonio (Concerto)

Domingo 23/12/2018.- Parroquia San Lorenzo de Albeiros 12.00

–Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago (Misa e Concerto)

A %d blogueros les gusta esto: