9 días de Xavier. Novena da Graza

Novena GRAZA

 Entre os días 4 e 12 de marzo, a parroquia de San Francisco Xavier de Lugo acolle a Novena da Graza.

Horario da Novena

Mañá

7:30 Rosario e procesión

8 00 e 12:00 Novena e Eucaristía

Tarde

18:00 Rosario

18:30 e 20 00 Novena e Eucaristía

Domingo: 10:00, 11:30, 12:30 e 18:30h

Predicador: Rvdo. D. Juan Antonio Fraile, misioneiro comboniano

Actos especiais

Día 6: Unción de enfermos ás 16:30 h

Día 7 Dedicado á Virxe, procesión de antorchas logo da Eucaristía das 20:00 h.

Día 8: Procesión desde o Barrio de Montirón ás 9:30h

Día 10. Celebración comunitaria do perdón ás 19:00 h

Darase a venerar a reliquia do santo nas eucaristías.

Confesións en todos os actos. A Novena retransmítese por COPE

Unha semana de Fe, Esperanza e Caridade

Resulta sorprendente a cantidade de actividades que se fan nunha Diocese pequena como a de Lugo.

Os últimos oito días foron especialmente fructíferos neste sentido. A lista de eventos creo que foi insuperable: xornadas, cursiños, campañas, novenas, conferencias, vixilias, celebracións de santos e todo o demais que fan as parroquias de fóra da cidade. Pódese dicir que foi unha semana de Fe, Esperanza e Caridade

Todo para achegarnos máis a Deus, coñecer mellor a Xesucristo e sentirnos membros vivos da Igrexa.

Non se trata de facer por facer nin de ir por ir. Trátase de compartir e animar a fe, de alimentar a esperanza e de practicar a caridade con Deus e cos irmáns.

Miguel Ángel Álvarez 

Álvaro del Portillo, personaxe que atrae pola súa fe en Deus, a súa capacidade de traballo e a súa fidelidade

Álvaro del Portillo

Álvaro del Portillo, primeiro sucesor de San Josemaría, fundador do Opus Dei, será beatificado o sábado 27 de setembro en Madrid, cidade onde naceu fai cen anos.

Enxeñeiro pola Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade Politécnica, onde estudou entre os anos 1934 e 1941,titulou a súa tese de doutoramento Proxecto de modernización dunha ponte metálica antiga (Ponte sobre o río Lor Lugo). Incorporouse ao Opus Dei en 1935, sete anos despois da súa fundación, e ordenouse sacerdote o 25 de xuño de 1944. En 1946 fixou a súa residencia en Roma, onde continuou á beira de san Josemaría ata o falecemento o 26 de xuño de 1975. A vida de Álvaro (1914-1994) demostra especial atractivo pola súa fe en Deus, a súa capacidade de traballo e a súa fidelidade. Para el a clave do verdadeiro “éxito” era: poñer o talento ao servizo dos demais. O seu servizo infatigable á Igrexa manifestouse, ademais, na dedicación ás tarefas que lle conferiu a Santa Sé como membro ou consultor de trece organismos e, especialmente, mediante a súa activa participación nos traballos do Concilio Vaticano II.

Agradezo a Deus que me permitise convivir con el durante os días de 1988 que estivo en Costa de Marfil para confortarnos nos comezos do traballo apostólico nese país. As súas moitas calidades e competencias para realizar un inmenso traballo ao longo da súa vida, tanto no Opus Dei como na Igrexa; as súas graves enfermidades; etc.; coñecinas polo que me contaron e lin. Con todo, convivindo con el aprendín o que é querer de verdade: pola dispoñibilidade cando se lle solicitaba; pola atención coa que escoitaba; polo interese que poñía en agradecer todo, a Deus e aos que estabamos con el. A palabra grazas estaba permanentemente na súa boca. Como detalle, recordo o encontro que tivo con xente sinxela, agradecendo aos xefes das tribos que cederan os terreos para construír obras sociais e centros de convivencia, foi inesquecible polo inmenso agarimo auténtico que tivo con cada un deles, recordándolles a carga de servizo aos demais que implica a autoridade.

Hai constancia de que D. Álvaro estivo en Lugo acompañando a san Josemaría nunha viaxe a Galicia en setembro de1947. Visitaron a catedral, e rezaron ante o Santísimo e ante a Virxe dos Ollos Grandes. Álvaro levouse unha estampa da Virxe que tivo á vista no seu despacho de traballo en Roma durante tempo. Canto rezaría por Galicia e esta cidade! Hoxe conservo esa imaxe como unha reliquia e pido que siga intercedendo por nós.

Ler máis

Celebración de San Pascual Bailón

O vindeiro 17 de maio, festividade de San Pascual Bailón, patrón das asociacións eucarísticas, celébrase unha Eucaristía, precedida polo rezo de vésperas, ás 18,30 horas no altar do Bo Xesús da Catedral.

Convídase a participar na mesma aos membros das seguintes asociacións: ADORACIÓN NOCTURNA, A.R.P.U., MARÍAS DOS SAGRARIOS, CONFRARÍA SACRAMENTAL, APOSTOLADO DA ORACIÓN e fieis en xeral.

A %d blogueros les gusta esto: