Xornada de formación permanente

A Delegación de Catequese organiza o encontro de Formación Permanente que terá lugar o día 28 de decembro, na aula Magna do Seminario a partir das 10:30h.

Compartiranse experiencias dalgúns centros de catequeses da Diocese, onde fixeron un camiño significativo.

Actos previstos:

Oración compartida

Relatorio: “O acompañamento na catequese, desde a experiencia vivencial” pola Doutora en Ciencias da Información e profesora da Universidade San Pablo CEU Mónica Mª Yuan Cordiviola, m.e.n. (imaxe da esquerda) que tamén dirixe as revistas católicas El Granito de Arena e RIE (Infantil).

Experiencias e testemuños

Conclusión: Señor Bispo

Curso catequético 2018 – 2019

O vindeiro venres 28 de setembro ás 19 horas no salón de actos do Seminario Diocesana terá lugar a presentación do novo curso catequético. A continuación, participarase na Eucaristía de inicio do Curso Pastoral (20h na Catedral).

Este curso 2018-2019 ten como lema: “Catequista, acompañante no camiño da fe”.

Os catequistas son verdadeiramente acompañantes. Son moitos os que acompañan a nenos e xoves: escola, familia, amigos. Tamén os catequistas considéranse chamados a acompañar, seguindo o modelo de Xesús de Nazaret.

Cada vez vese máis claro que a iniciación cristiá dos nenos non se pode acadar sen a axuda da familia. Por iso é clave facer conscientes aos pais da importancia da fe para a vida dos nenos e do seu papel como primeiros educadores na fe dos seus fillos.

O catequista na catequese celebra a vida. Para iso celebra na oración, acompañando os acontecementos, estando co outro cando é necesario.

A fe non podemos supoñela, senón que debemos propoñela. non se pode dar por descontada a fe.

A Delegación Dioceana de Catequese quere brindarse toda a axuda posible e animar nesta rica tarefa.

II Congreso Internacional de Catequese

Baixo o título “O Catequista, testemuña do misterio” do 20 ao 23 de setembro de 2018 na Aula Paulo VI (Roma) celébrase o II Congreso Internacional de Catequese organizado polo Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evanxelización (PCPNE)

Programa

Xoves, 20 de setembro de 2018

16:00 Oración inicial

16:15 Introdución ao Congreso (Mons. Rino Fisichella, Presidente do PCPNE)

16:45 Relatorio: Lex credendi, lex orandi (P. Gregory J. Polan, OSB, Abade Primado da Orde de San Bieito)

17:15 Catequese mistaxóxica sobre a iniciación cristiá (Mons. Francesco Cacucci, Arcebispo de Bari-Bitonto)

Venres, 21 de setembro de 2018

9:00 Oración

9:15 Relatorio: O misterio ilumina a existencia cristiá (Prof. Dra. Marianne Schlosser, Facultade de Teoloxía Católica, Viena)

10:30 Relatorio: Iniciación cristiá e catequese kerigmática (Mons. Andrea Lonardo, Director da Oficina para a Cultura e a Universidade do Vicariato de Roma)

11:15 Diálogo cos relatores

15:30 Profundización temática por grupos lingüísticos (francés, inglés, italiano, polaco, portugués, español e alemán).

En grupos de 30-50 persoas, serán tratados os seguintes temas:

1. A mistagoxía, introdución experiencial e sapiencial ao misterio de Cristo

2. Linguaxe narrativa e simbólica

3. Revivir a historia da salvación: ano litúrxico e catequese

4. O domingo, fundamento e núcleo de todo o ano litúrxico (SC 106)

5. Anuncio da vida eterna: vivir a esperanza

Sábado, 22 de setembro de 2018

9:00 Oración

9:15 Relatorio: O Catecumenado, un desafío para a evanxelización (Sra. Claire Bernier, Delegada Episcopal para a Doutrina da Fe, Diocese de Angers – Francia)

10:00 Diálogo cos relatores

11:00 Concerto: Gran Coro Hope de Turín

11:45 Intervención do Papa Francisco

15:00 Mesa Redonda: A piedade popular, unha forma de evanxelización

17:00 Lectio divina (P. Fidel Oñoro, CJM ex Director do Centro Bíblico Pastoral para América Latina do CELAM)

17:45 Conclusións do Congreso (Mons. Octavio Ruiz Areas, Secretario do PCPNE)

Domingo, 23 de setembro ás 10:30 Santa Misa na Basílica de San Pedro

Asemblea-Xubileu de catequese no Santuario do Corpiño

A Asemblea-Xubileu dos catequistas da Diocese de Lugo o 28 de abril, no Ano Santo Mariano, no Santuario do Corpiño, será un encontro con María, modelo de catequistas.

Itinerario do encontro:

10´30 – Camiño dos Pastorciños- Peregrinos con María – Xubileu

11´00 – Palabras do Sr. Bispo (Charla)

11´45 – Dinámica de grupo (motivos para ser espellos)

13´00 – Celebracion da Eucaristía

14´00 – Comida

16´00 – Excursión

Para os catequistas de Lugo, sairá un autobús do Seminario ás 9,15h

Inicio do curso do Seminario e da catequese

O pasado domingo 17 de setembro tivo lugar no Seminario a presentación do curso académico 2017-2018 que terá por lema E non temas o imposible

Este ano a proposta é que se dea un paso de confianza e que se mire ao presente e ao futuro con ollos de esperanza. Cansos dun mundo que sempre canta as peores accións, invítase a dicir que si a Deus, a asumir o reto que supón deixar a Deus actuar na vida de cada un, a aceptar que El pode facer posible o que a un lle parece imposible.

En fin, invítase a rezar, soñar, arriscar, non pechar portas, abrir a vida, saír ao mundo, ver aos máis pobres.

Pola súa parte, as delegacións de Catequese de Galicia elaboran o material para o curso catequético 2017 – 2018 nas parroquias. Trátase de vivir este labor pastoral no dinamismo e creatividade que requiren os tempos actuais. E tamén manterse en comuñón como catequistas. O lema deste curso é Parroquia, familia que inicia na fe.

 O 2 de outubro ás 19h no Seminario será o encontro de inicio de curso dos catequistas

[Materiais curso catequético 2017-18]

A %d blogueros les gusta esto: