Cáritas presenta os actos con motivo do Día da Caridade

Cáritas Lugo

O 21 de maio presentouse no local de Cáritas Diocesana de Lugo na avenida das Américas a serie de actos que se organizan con motivo de celebrarse proximamente o Día da Caridade:

Mércores 29 de maio

– Ás 20:00 PREGÓN DA CARIDADE no Salón Rexio do Círculo das Artes a cargo do Cardenal D. Carlos Amigo.

Xoves 30 de maio

– Dende as 10:30 da mañá ata as 13:30 do mediodía, haberá en Lugo, mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

– Ás 18:00 Entrega de diplomas aos nenos e nenas dos colexios de Lugo por parte de D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.

– Ás 19:00 Actividades para os nenas/as na Praza de Santa María, organizadas polo Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo.

Domingo 2 de xuño

– Toda a mañá haberá en Monforte, Melide e Lalín mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

– Colectas nas misas de toda a Igrexa Diocesana.

Na foto: Mónica Yáñez, Ginés Plaza e Antón Negro

Cáritas Lugo asina un convenio coa Axencia Tributaria

O Delegado da Axencia Tributaria, José María Núñez Pérez, e o Director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza Fernández, asinaron o 6 de maio un convenio de colaboración que facilita a presentación das declaracións da renda ás persoas atendidas por Cáritas. Segundo o Delegado da Axencia Tributaria, é algo que se fai con máis institucións e organismos. Aínda que en Galicia é a primeira vez que se asina un convenio destas características. Dixo ademais José María Núñez que “Cáritas é exemplar na súa prestación, non só de bens senón tamén de servizos. E todo o mundo necesita unha declaración da renda, aínda que sexa para xustificar que se teñen rendas escasas”.

Pola súa parte, o Director de Cáritas explicou que se usará a vía telemática, evitando así demoras.

Xornadas de Cáritas para incentivar o autoemprego

Empregate

Cáritas diocesana de Lugo organiza os días 1 e 2 de abril unhas xornadas para que desempregados usen o autoemprego como alternativa laboral. Serán nos locais de Cáritas na avenida das Américas 93-97.

Programa de actividades do día 1 abril

10:00-10:15  Presentación Xornadas

10:15-11:15  Relatorio “O Ilímite”, a cargo de Iago Pérez Santalla, coach e educador.

11:15-11:30  Proxección  “O Emprendedor”

11:30-13:00  Historias reais. Exemplos de persoas que crearon o seu propio posto de traballo: restaurante mexicano La Capital Azteca; Froitas e Verduras Uxía, Cool School

2 de abril

10:15-11:15  Presentación Proxecto Emprégate

11:15-12:00  Redacción ideas de negocio.  Explicación dos distintos items do documento.

Actividades de Nadal organizadas polo Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas

Actividades de Nadal de Cáritas 2

Con motivo do Nadal dende o Servizo de atención á infancia e xuventude ofértanse unhas Actividades de Nadal para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. A idea é ofrecer unha alternativa diferente para o tempo libre. Preténdese fomentar valores positivos, de xeito educativo e lúdico.

Este ano a actividade terá como centro base o Colexio Divino Mestre.

As actividades consistirán en xogos, obradoiros, cancións, saídas, teatro, festa. Serán os días 27 e 28 de decembro en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h.

Cos adolescentes que participaron nas actividades creadas polo Servizo de atención á infancia e xuventude ofértase un Obradoiro de DJ que terá lugar o día 29 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas na Avenida das Américas. 

Concerto de María do Ceo en beneficio de Cáritas e o Voluntariado Penitenciario

O día 13 de decembro a cantante portuguesa afincada en Galicia, María do Ceo, actúa no auditorio Gustavo Freire (parque de Frigsa, Lugo) ás 20:30.

Trátase dun concerto a beneficio de Cáritas Lugo e do Voluntariado Penitenciario Lucense. Por iso, hai unha “fila 0” ademais de entradas normais (8 €), que se poden adquirir nos locais de COPE, Onda Cero, a igrexa de San Antonio de Padua (Lugo) e no propio auditorio desde media hora antes.

A %d blogueros les gusta esto: